Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Días adicionais derivados da antigüidade e xornada reducida no verán

Nestes pasados días recibimos infinidade de chamadas e correos nos que vos interesabades, por un lado pola sentenza firme na que se ditamina que se nos deben restituír os días derivados da antigüidade consolidados antes da publicación do Real Decreto-Lei 20/2012 (15 de xullo de 2012). Por outro lado, a publicación o pasado día 11 en La Voz de Galicia, da noticia da recuperación do horario reducido dende o 15 de xuño ao 15 de setembro polos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia.

 

Sentenza:
Literalmente, no seu Fallo, sinala:
 
“Estimo parcialmente o presente recurso contencioso administrativo, declarando non conforme a dereito a Resolución do Viceconselleiro de Administración e Servizos pola que se inadmitiu o Recurso de Alzada contra a Resolución da Directora de Recursos Humanos pola que se *inadmite a reclamación de permiso por antigüidade do ano 2013.
 
Declaro non haber lugar ás suspensións do presente proceso instadas por ambas as partes en orde á formulación dunha posible cuestión de inconstitucionalidade.
 
Declaro non ha lugar ao goce de maiores días adicionais ás vacacións derivados da antigüidade non adquiridos a data 15 de xullo do 2012.
 
Declaro si ha lugar ao goce dos días de vacacións adicionais que se adquiriron por antigüidade a data 15 de xullo do 2012
, data da entrada en vigor do *RDL 20/2012 por parte de D. Darío , D. Donato , D. Elias , D. Estanislao , Dna. Josefina , D. Ezequiel , D. Florencio , D. Gabriel , D. Gonzalo e D. Indalecio
 
Non se impoñen as costas a ningunha das partes.
 
Esta sentenza é FIRME e NON cabe contra ela RECURSO ordinario algún. Conforme dispón artigo 104 da LJCA , no prazo de DEZ DÍAS, remítase oficio á Administración demandada, ao que se acompañará o expediente administrativo e testemuño desta sentenza, a fin de que a leve a puro e debido efecto e practique o que esixa o cumprimento das declaracións contidas no fallo. Fágase saber á Administración que no prazo de DEZ DÍAS deberá acusar recibo da devandita documentación e indicar o órgano responsable do cumprimento do fallo.
 
Así por esta a miña Sentenza, da que levará testemuño aos autos, pronúncioo, mando e asino.”
 
Aplicación do horario de verán na Xunta de Galicia

Información facilitada pola Administración relativa aos criterios que rexerán o horario de verán para o ano 2014 que abranguerá o período do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous inclusive):
 
Horario oficial:
 
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas.

Horario flexibilidade automática:
 
Do 16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas.
 
Ata o 30 de xuño será posible compensar débeda do mes de maio e ata o 31 de xullo débeda da primeira quincena do mes de xuño.
 
O tramo horario de compensación será de 8:00 a 15:00 horas.
 
Horario flexibilidade conciliación:
 
Do 16 de xuño ao 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas de traballo diarias na franxa horaria autorizada pola Secretaria Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación.
 
Falamos coa Xunta de Persoal para que conxuntamente co Comité de Empresa se proceda a solicitar unha reunión urxente á Xerencia coa finalidade de reclamar á universidade a aplicación destas dúas medidas para recuperar, en parte, dereitos inxustamente recortados no seu momento.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript