Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 235 - 09/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

En maio, 106.665 parados máis en Galicia que no inicio da crise

O paro rexistrado no mes de maio en Galicia ascende a 263.444 persoas (126.380 homes e 137.064 mulleres). Se ben baixou en 6.700 persoas respecto de abril, suma máis de cen mil parados á cifra do mesmo mes do 2008 cando había 156.779 desempregados rexistrados no antigo INEM.

 

  • Noticias relacionadas

Os servizos con 159.778 desempregados representan mais do 60% da cifra total. Na industria e na construción o paro acada cifras semellantes, 36.361 e 36.779 respectivamente, no agro 8.994. Por provincias, A Coruña ten na actualidade 103.142 parados rexistrados, Pontevedra 105.274, Ourense 28.734 e Lugo 26.294.
 
A temporalidade e os servizos dominan as novas contratacións. Segundo os datos publicados hoxe polo Servizo Público e Emprego Estatal, asináronse 62.704 contratos en Galicia dos que o 92% son contratos eventuais (57.722) e só un 8% de indefinidos (4.982). De todos eles, o 76,5% son contratos realizados no sector servizos. Na industria só se asinaron 8.523 contratos, dos que o 94% foron temporais, e na construción 4.333 dos que tamén mais do 90% son eventuais.
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript