Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 235 - 09/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  CENSURA
 

A pantasma da censura percorre as redaccións

A abdicación do Rei, ademais de horas e horas de faladoiros radiofónicas e televisivas, especiais en prensa e un puñado de chistes nas redes sociais, trouxo o desasosego e a sombra da censura a dúas redaccións moi opostas; a do diario El Mundo e a do semanario satírico El Jueves.

 

  • Noticias relacionadas

RBA, editora de El Jueves, retirou 60.000 exemplares do semanal, antes de chegar aos quioscos. O motivo foi unha portada na que aparecía o rei Juan Carlos poñendo ao príncipe Felipe unha coroa fedorenta. Finalmente o exemplar que viu a luz, cun día de atraso, recolle na súa portada o líder de Podemos, Pablo Iglesias. Aínda que a dirección se escusou dicindo que non había autocensura e que a información sobre o rei se recollía en páxinas interiores, Albert Monteys, membro do consello de redacción e director de 2006 a 2011, explícao perfectamente na súa viñeta anunciando a súa saída. Ata oito colaboradores, Manel Fontdevila, autor da portada censurada, o propio Monteys, Paco Alcázar, Manuel Bartual, Bernardo Vergara, Guillermo Torres, José Rubio e Isaac Rosa manifestaron a súa intención de non seguir colaborando na publicación.
 
cuartopoder.es puido falar con Isaac Rosa, quen manifesta que sentiu "rabia" e "pena" ao tomar a decisión de marchar, porque considera a retirada da revista unha manobra para cargala: "Se a portada xa está nas redes sociais e se vai seguir vendo, o único que se vai facer é dano a unha revista que é a que mellor resistiu a blindaxe mediática sobre a monarquía".
 
Rosa sorprendeuse cando foi ao quiosco e viu a portada que aparecía publicada. Pareceume estraño que a noticia da semana non aparecese en portada, sobre todo cando vin que si aparecía en páxinas interiores. Estiven a esperar ata a tarde por se se producía unha rectificación pero cando me decatei que en próximas portadas tampouco van tratar o tema da monarquía, pareceume un disparate que a empresa controle a portada dunha revista, que é a súa carta de presentación. "
 
"Eu nunca sufrín censura neste xornal, ninguén me tocou unha coma", deste modo tan contundente manifestábase un redactor de nacional do diario El Mundo, ante os rumores de censura xurdidos a partir dun encontrón entre a redactora Ana Romero e o director Casimiro García Abadillo.
 
Todas as fontes do diario que consultou cuartopoder.es, tanto da redacción coma da dirección, negan que existise censura por parte do director, a unha información publicada pola redactora. "Ana insistiu en como debía darse a súa crónica sobre a abdicación en portada, en discrepancia co director. Este díxolle que escribise a noticia e que despois buscarían o enfoque en portada, ao que a redactora contestou que se non se facía como ela dicía, escribía a noticia. O director daquela díxolle que saíse do seu despacho e ela marchou" relátanos outro xornalista, coñecedor dos feitos. Tras as noticias aparecidas en distintos medios, os integrantes da sección España asinaron un comunicado porque "se non diciamos nada, podería pensarse que todos eramos vítimas de censura e calabamos. " dinnos dende a sección.
 
O suceso podería ter rematado aquí pero, a través da súa conta de Twitter, os correspondentes en Nova York Eduardo Suárez e a súa muller, María Ramírez, esta filla do anterior director, Pedro J. Ramírez, denunciaron censura na información de Ana Romero, ao ter suprimido na crónica que se publicaba o martes a alusión á amiga íntima do Rei, Corinna zu Sayn-Wittgenstein

Cuartopoder
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript