Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 235 - 09/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

E agora?
Entendo que non haxa referendo para que a xente non se emocione e se poña burra, pero e un casting? Creo que aínda anda por aí un pretendente carlista e todo. Un Gran Irmán monárquico sería a caña. E é moito mellor que herdar automaticamente, que queda moi medieval.

 

O plan de Mariano
Rajoy dixo que ten un plan. E parouse o corazón dos españois, moi pouco afeitos a que o líder de plasma saque peito e tome unha decisión. De momento, o único que garante co seu acolloante plan son só dúas cousas: Que os impostos que se reducen son os das grandes empresas, e que este plan nos vai custar 6.300 millóns de euros

Parches
Imos de parches nas institucións. Parche no PSOE para arranxar a picada e seguir tirando e parche na Coroa para prolongar a sucesión de Franco na figura de Felipe sen pasar pola proba do algodón da consulta popular. O PP tamén se parchea para tapar os escándalos de corrupción e para tapar a pobreza máis absoluta á que levou ao país, abonda con sinalar que este ano pídese que os centros escolares non pechen no verán para que moitos nenos e nenas poidan comer algo todos os días.Temos picadas todas as rodas deste réxime corrupto. Pero por moitos parches que poñan, este vehículo non irá moi lonxe.

Recuperar a República
Cando oio "o príncipe está moi preparado" eu contesto "só nos faltaba, co que gastamos nel,", pero digo máis: " E a min que me importa? " Son republicana, e non me interesa nada o preparado que estea un monarca. A solución só pasa por un referendo e a elección do xefe de estado nas urnas e por unha revisión profunda da constitución. Sen isto seguiremos sendo servos. Agora é a mellor ocasión para conseguir recuperar a República que lles roubaron aos nosos maiores, e converternos en cidadás.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript