Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 235 - 09/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  REPÚBLICA GALEGA!
 

A CUT diante da abdicación do borbón

Coñecida a noticia da abdicación do Rei, para darlle paso na sucesión real ó seu fillo, a CUT como organización sindical de clase, ten que se manifestar.

 

  • Noticias relacionadas

O individuo que acaba de abdicar é a expresión máis clara da Reforma Política e do réxime que emana da mesma. Os dereitos populares conculcados, así como a negación dos dereitos nacionais de Galicia, teñen un culpable, que é o sistema que nos oprime. Nese senso, a monarquía representa a expresión máis antidemocrática e noxenta da opresión herdada do franquismo, sen dúbida é útil, para aqueles que nos explotan.
 
O rei abdicou, e o réxime fai auga por todos os lados. A corrupción, intrínseca á lóxica do réxime, máis que nunca campa as súas anchas. A eliminación dos dereitos laborais, os sociais e democráticos fixo saltar as alarmas. É o momento de dicir xa chega! é o momento de acabar coa monarquía franquista que van tratar de asegurala na persoa do fillo do rei abdicado.
 
Como organización sindical galega, de clase e democrática dicimos que é o momento da pelexa, é o momento de acabar co réxime do 78. É o momento de que os pobos decidamos o noso futuro e que se garanta o dereito á autodeterminación nacional.
 
Desde a CUT, respectando as distintas opcións manexadas polo pobo rebelde, polos demócratas e as organizacións combativas, esiximos a eliminación da monarquía. A convocatoria dun Referéndum, a apertura dun proceso constituinte e a declaración da República é unha necesidade inaprazable. En calquera dos casos o dereito do pobo galego a decidir, será unha pauta imprescindible neste proceso.
 
Adiante coa República Galega!!
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript