Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 235 - 09/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  DESAFIUZAMENTOS - SEGUEN OS ASASINATOS
 

Mallorca: Un home suicídase cando ía ser desafiuzado grazas ao desafiuzamento express

O home de 50 anos -cidadán alemán- deixou unha nota na que, entre outras circunstancias persoais pedía perdón por non poder facer fronte á débeda que mantiña co arrendador. O suicidio foi o venres pasado pero saíu o venres a información á prensa.

 

  • Noticias relacionadas

Importante: As e os inquilinos teñen dereitos e é importante que os coñezan. A Oficina de Vivenda de madrid está a levar a cabo unha campaña #DerechosInquilinas para que estes se difundan. Calquera dúbida podes escribir a ofiviviendamadrid@gmail.com ou entrar directamente na súa web: http://oficinavivienda.net/ ou descargarte o material informativo: panfleto para difundir as propostas en defensa dos dereitos das persoas inquilinas
 


 
Di Ada Colau: Un home suicídase por non poder pagar o aluguer e pide perdón: sistema criminal que fai sentir culpables aos pobres
 
Segundo informa Ciutat.es na súa edición deste venres, trátase dun cidadán alemán e duns cincuenta anos que deixou unha nota na que, entre outras circunstancias persoais pedía perdón por non poder facer fronte á débeda que mantiña co arrendador.
 
A morte produciuse o venres da semana pasada, non obstante foi esta semana cando o xulgado de Manacor que levantou o cadáver abriu a nota que aclaraba as circunstancias da morte.
 
Ademais destes problemas económicos, o falecido sufría unha depresión dende hai tempo, a consecuencia da morte da súa esposa. Non traballaba e de aí xurdiron os seus problemas económicos que desembocaron no aviso de desafiuzamento.
 
Os veciños do falecido avisaron a Garda Civil porque levaban sen velo varios días e estrañáballes a súa ausencia. Os axentes acudiron á casa e encontraron o cadáver. Varios efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil efectuaron unha inspección ocular da vivenda e dende un primeiro momento descartaron calquera alternativa ao suicidio. Ademais encontraron a nota que lle foi entregada ao xulgado.
 
Este non é o primeiro suicidio motivado por un problema económico que desemboca nun desafiuzamento en Mallorca. O caso máis dramático tivo lugar fai algo máis dun ano cando un matrimonio de Cas Català quitouse a vida mediante a inxestión masiva de medicamentos. Pedro Taberner Servera, un representante de 68 anos, e a súa esposa Jovita Rovira Alzamora, xubilada de 67, tiñan unha débeda de 84.000 euros cunha entidade bancaria.
 
http://www.ciutat.es/portada/sucesos/item/14107-un-hombre-se-suicida-en-cala-rajada-cuando-iba-a-ser-desahuciado
 
Recollido de Kaosenlared

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript