Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

Perigan os postos de traballo de 250 profesor@s universitari@s

Como vos indicamos no PASquín de 15/10/2012 o goberno impugnou as convocatorias de varias universidades por superar a taxa de reposición que o propio goberno impuxo. Esta semana pasada os xornais sinalan que o proceso está próximo a rematar e perigan os postos de traballo duns 250 profesor@s universitari@s.

 

  • Noticias relacionadas

Arredor de 250 profesores titulares e catedráticos de universidade non teñen seguros os seus postos gañados en 2012 e poderían ver perigar a súa condición de funcionarios, se o Tribunal Supremo os anula, segundo unha información que publica o diario El País.
 
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas decidiu recorrer os nomeamentos de 15 universidades públicas porque estimaba que superaran a taxa de reposición, que permite só substituír a un de cada 10 profesor@s, e polo menos xa hai oito sentenzas contrarios á contratación.
 
Os profesores reuníronse co secretario xeral de Universidades, Federico Morán, que non lles ofreceu ningunha solución. Tampouco correron mellor sorte coa Conferencia de Reitores.
 
As universidades non teñen unha postura común porque non todas convocaron concursos.

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript