Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA - Mesa pola Normalización Lingüística
 

Solidariedade co alumno de Breamo expedientado

A Mesa mostra ademais a súa preocupación polos continuos ataques e campaña de criminalización que está a recibir o amplo movemento social de apoio á lingua propia de Galiza

 

  • Noticias relacionadas

Santiago de Compostela. 30 de maio de 2014. A Mesa pola Normalización Lingüística súmase aos apoios ao alumno do IES Breamo de Pontedeume expedientado por fotografarse, e pendurar posteriormente nas redes sociais, cunha cartulina onde se podía ler "Defender a lingua non é delito", en relación coas persoas xulgadas por oporse á manifestación do odio e a galegofobia que percorreu as rúas de Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 2009, secundada ademais de por diferentes faccións da Falange, por outros coñecidos ultradereitistas como Saez de Inestrillas cun amplo historial delicitivo.
 
Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "o exercicio da liberdade de expresión nun centro de ensino non pode ser causa de apertura de expediente a un alumno", e sinalou ademais que "curiosamente determinados procesos sancionadores só se inician contra movementos sociais que se opoñen ás políticas do goberno, nomeadamente a defensa do idioma galego, e lembrou que a plataforma cidadá Queremos Galego ten aberto un proceso de sanción por manifestarse polas rúas de Santiago.
 
Maceira lembrou que "as persoas que lexitimamente defendemos o idioma galego non somos delincuentes, polo contrario, demandamos o cumprimento efectivo e real do establecido, entre outra lexislación, na Lei de Normalización Lingüística ou no Plan Xeral de Normalización da lingua galega aprobadas por unanimidade no Parlamento Galego".
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript