Número 234- 02 de xuño de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Resumo do Consello de Goberno do día 27 de maio

    No Consello de Goberno do día 27 plasmamos o descontento do colectivo tanto coas manifestacións do secretario xeral da Universidade como do presidente do Consello Social reclamando os seus ceses. Coa finalidade de demostrar o malestar do colectivo entregamos ao propio secretario xeral, para que conste en acta, tanto a convocatoria unitaria como os comunicados nos que todos os sindicatos e agrupación electoral convocantes da mobilización do día 6 de maio rexeitan as manifestacións realizadas polo secretario xeral. Tamén solicitamos se concrete a data de devolución da parte devengada da paga extra do ano 2012. Solicitamos, ademais, información sobre contratacións predoutorais, unha modalidade de contratación que a universidade aplica en proxectos de investigación e que consideramos non ten a finalidade que se lle da.

CRTVG

    O Tribunal de Xustiza de Galicia estima integramante a demanda de conflito colectivo presentada pola CUT contra a resolución do Director Xeral da CRTVG do 10 de xaneiro de 2014 de uso dos sistemas de información.

SENTENZAS - Marta Martínez

    O artigo 37.4 do Estatuto dos Traballadores regula o permiso de lactación establecendo que ata que o fillo cumpra nove meses (un ano, no caso dos funcionarios e nas empresas cuxo convenio así o estableza), poderase optar entre ausentarse do seu lugar de traballo durante unha hora diaria (que se pode dividir en dúas fraccións de dúas medias horas) ou que reduce a súa xornada 30 minutos, ao principio ou ao final da xornada diaria. Así mesmo, tamén pode acumular este permiso en xornadas completas, e atrasar así a súa incorporación á actividade laboral entre 15 e 18 días máis (segundo convenio ou pacto con empresa).

PROSPECCIÓNS PETROLÍFERAS EN CANARIAS

    Medio deu vía libre á perforación de "sondaxes exploratorias" en busca de petróleo en augas próximas a Lanzarote e Fuerteventura, aínda que fixa medidas "preventivas" para evitar posibles riscos.

OXFAM INTERMÓN: "ESPAÑA É UN ENORME PARAÍSO FISCAL"

    Oxfam Intermón é unha organización no gobernamental de cooperación para o desenvolvemento española, afiliada á confederación Oxfam, que engloba a un total de 17 organizacións que traballan conxuntamente en 92 países.

LABORAL - Economía Dixital

    Cal é o salario medio bruto dun cidadán do estado? Pois en 2013, a cifra quedou nos 1.634 euros mensuais. Este dato, no que se exclúen pagas extras, indemnizacións ou retencións que correspondan, apenas caeu o 0,3% respecto a 2012. O cambio é que non se rexistraba unha caída do salario medio dende 1949. É dicir, dende hai 64 anos.

• OPINIÓN . Pepa Bueno

    Os primeiros catro banqueiros condenados en España polo espolio das caixas de aforro e o seu rescate con diñeiro público puideron beneficiarse dunha especie de dación en pagamento.

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    De pronto, todo o que parecía imposible, inverosímil, xa non o é: gañar concellos e comunidades, crear unha maioría de cambio para as xerais

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES
    Como vos indicamos no PASquín de 15/10/2012 o goberno impugnou as convocatorias de varias universidades por superar a taxa de reposición que o propio goberno impuxo. Esta semana pasada os xornais sinalan que o proceso está próximo a rematar e perigan os postos de traballo duns 250 profesor@s universitari@s.
 INVESTIGACIÓN - Maria Cappa
    Un recorte acumulado do 36% dende 2009, sumado ás trabas que supón o novo modelo de contratación de persoal e adquisición de infraestruturas imposto polo Goberno, son os dous factores que están a empurrar aos investigadores a abandonar o sistema científico público español..
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    Resumo da asemblea do martes 27 de maio no CSA Do Sar da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.
 TECNOLOXÍA
    Un programador afirma ter desenvolvido unha aplicación para o sistema operativo Android que utiliza a cámara instalada en móbiles para espiar aos seus donos.
 ENQUISA DO INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA
    O incremento da pobreza no estado español segue o seu ritmo vertixinosamente ascendente. De acordo cos datos proporcionados por unha Enquisa de Condicións de Vida, publicado este 27 de Maio polo Instituto Nacional de Estatística, os ingresos dos fogares caeron en 2012 por quinto ano consecutivo.
 LINGUA - Mesa pola Normalización Lingüística
    A Mesa mostra ademais a súa preocupación polos continuos ataques e campaña de criminalización que está a recibir o amplo movemento social de apoio á lingua propia de Galiza
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      SEN PALABRAS

       
        SEN PALABRAS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript