Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ENQUISA DO INSTITUTO NACIONAL DE ESTADISTICA
 

Vertixinoso empobrecemento das familias no estado español

O incremento da pobreza no estado español segue o seu ritmo vertixinosamente ascendente. De acordo cos datos proporcionados por unha Enquisa de Condicións de Vida, publicado este 27 de Maio polo Instituto Nacional de Estatística, os ingresos dos fogares caeron en 2012 por quinto ano consecutivo.

 

  • Noticias relacionadas

Galicia:
 
As dificultades para chegar a fin de mes son cada vez maiores ao aumentar a pobreza. A xente que se sitúa por debaixo do limiar de pobreza sitúase no 17,2% fronte ao 16,8% do ano 2012. O s fogares galegos con dificultade para chegar a fin de mes alcanza o 16,6% e o 57,1% non pode gozar de vacacións fóra da casa nin sequera unha semana ao ano. Case o 6% dos fogares non poden permitirse comer carne polo menos cada dous días. Case catro de cada dez fogares galego non pode asumir os gastos previstos e o 5,5% ten atrasos nos pagamentos
 
Estado:
 
O 27,3% dos españois
está en risco de exclusión social. Os ingresos medios dos fogares descenderon un 11% entre 2008 e 2012. O 41% das familias vense incapacitadas para afrontar gastos imprevistos
 
Segundo fai constar a citada enquisa, o ingreso medio dunha familia inmediatamente antes de comezar era de 30.045 euros, fronte aos 26.775 de media de 2012. A caída rexistrada é dun 11% en tan só un quinquenio.
 
De acordo coa a mentada exploración realizada por Instituto Nacional de Estatística, en 2013, o 16,9% dos fogares dixo chegar a fin de mes "con moita dificultade", o que supón 3,4 puntos máis que en 2012. Afrontar gastos imprevistos supón un imposible para o 41% das familias, unha cifra parecida á rexistrada en 2012, cando eran o 41,4% dos fogares os que manifestaban estar nesta situación.
 
Igualmente incrementouse o número de familias que ten atrasos nos pagamentos de gastos relacionados coa vivenda principal, como a hipoteca ou o aluguer, o gas, a electricidade ou a comunidade: en 2013 eran o 9,3% dos fogares os que tiñan problemas con estes pagamentos, 0,9 puntos máis que o ano anterior.
 
Case a metade dos fogares (o 45,8%) non pode permitirse irse de vacacións fóra da casa polo menos unha semana ao ano.
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript