Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Formas e formas
As persoas que asumen postos de responsabilidade teñen de partida, ao meu parecer, dous condicionantes. O coñecemento da labor a desenvolver e ser comedidos nas manifestacións.  Nin o Secretario Xeral nin o Presidente do Consello Social cumpren, polo menos un deses requisitos e por motivos, tamén ao meu parecer, diferentes. A un, ao Presidente do Consello Social, márcanlle as pautas á hora de facer manifestacións, os que deseñan un futuro para a universidade ao que só poderán acceder as clases altas. Ao outro, o Secretario Xeral, pódelle o sectarismo, non  foi capaz de asimilar a transcendencia pública da mobilización, penso que, no seu acto deixou aparte o cerebro e actuou baixo un impulso que demostra como é en realidade. Sabédeo todos os que con el tratades agora e sabédeo os que no futuro tratedes con el.

 

Cambiou algo?
Quítannos os cartos, e cando hai sentenzas que obrigan á súa devolución, dilatan a súa execución e mesmo parece que están dispostos a retrasar o seu aboamento a pesar dos recargos por mala fe. Quítannos parte da acción social ou condénannos ao copago. Casos como o ocorrido coa contratación no SAI que nos retrotraen a épocas de Meilán. Impoñen a mobilidade sen nin sequera comunicación  … O edificio agrétase. A pintura cosmética de progresía que lle deron á súa xestión escascaríllase e deixa ver o que hai debaixo, o mesmo esqueleto ridículo que no seu día criamos ter enterrado. Así nos vai!!.

Consecuencias
O sr. reitor tiña que distribuír entre os vicerreitores algún tipo de aparato que limitase a súa incontinencia verbal. Como vimos no facebook as manifestacións do Secretario Xeral non son só patrimonio persoal, apóianas varios vicerreitores e persoas de confianza que as corean e aplauden. Se algún deles tiña algunha aspiración política para alcanzar algún posto de responsabilidade onde o PAS teña voto, que se esqueza. Con que cara nolo vai pedir?

Dimite Rubalcaba
Non tardaremos en velo nun consello de administración dunha empresa privada. Sen lugar a dúbidas a denominada porta xiratoria, que está ben engraxada cos desafiuzamentos de moitas, co paro de moitas traballadoras e traballadores e coa miseria de gran parte da cidadanía,  volverá a funcionar o sr. Rubalcaba que viviu da política durante moitísimos anos, atopará un retiro dourado. Privilexios da casta.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript