Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  TECNOLOXÍA
 

A cámara do teu móbil podería estar a espiarte

Un programador afirma ter desenvolvido unha aplicación para o sistema operativo Android que utiliza a cámara instalada en móbiles para espiar aos seus donos.

 

  • Noticias relacionadas

O estudante universitario Szymon Sidor informou nun blog que o seu programa permite sacar fotos e gravar vídeos mesmo cando a pantalla do dispositivo está apagada.

O sistema Android desactiva a cámara cando a pantalla se apaga, pero Sidor encontrou un método para burlar este proceso.
 
Con este obxectivo o seu programa utiliza unha pequena pantalla de previsualización -de tan só un pixel cadrado- para manter a cámara en funcionamento. O tamaño é tan pequeno que é invisible ao ollo humano, "mesmo cando se sabe en que parte da pantalla está".
 
No vídeo colocado no seu blog Sidor mostrou como funciona o seu programa no seu Nexus 5.
 
O programador comentou que permitir que a cámara funcione sen ningún tipo de indicador na barra de notificacións é un "descoido inescusable" que debe ser rectificado polo equipo de Google para o sistema Android.
 
Fonte: RT
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript