Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Asemblea 27 de maio de 2014

Resumo da asemblea do martes 27 de maio no CSA Do Sar da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.

 

  • Noticias relacionadas

1. Aprobouse que as organizacións asinantes do manifesto das Marchas da Dignidade aporten unha cuota para cubrir gastos en futuras accións, caixa de resistencia, etc. As cuotas son as seguintes:
Cotas mensuais:

  • Organizacións políticas parlamentarias: 50 €
  • Organizacións políticas non parlamentarias 25 €
  • Organizacións xuvenís e estudiantis 10 €
  • Movementos sociais nacionais 25 €
  • Outros pequenos 5 €
  • Organizacións sindicais: 25 €
 
2. Comunicouse que a Plataforma Estatal das marchas da dignidade necesitan 500€ anuais por parte de cada “columna”. Eses cartos serán utilizados para as movilizacións e tamén apoios para as posibles multas ou servizos xurídicos.
 
3. Na asemblea comunicouse a apertura dunha conta mancomunada entre compañeiros da CGT, Sindicato Ferroviario e Fronte Cívica. O número de conta é IBAN ES6130700044556129474927 . Na conta, despois de ingresar o recaudado en Teo e de pagar o local da asemblea (40€), hai 164.20€.
 
4. Aprobouse que a Xuventude Comunista fará os cartaces en panfletos da acción do 21 de xuño, así mesmo, farán todo o relacionado con redes sociais.
 
5. A Xuventude Comunista propón facer “estarcidos” na rúa que promociones a acción do 21. Trátase de facer pintadas con plantillas. Aprobouse.
 
6. Aprobouse que a CUT estude o tema legal da acción e faga o comunicado
 
7. Aprobouse que se faga unha manifestación e non unha concentración. O percorrido sairá como se ten dito ás 12 da mañá da Praza da Estación do Ferrocarril, saíndo da mesma á Avda. de Lugo, continuará pola Rúa do Hórreo, Rua Ramón Piñeiro, volverá á Avda. de Lugo (Carril lateral) e rematará aproximadamente ás 13 horas na Rotonda da Avda. de Lugo (enriba do tunel). Ó finalizar a manifestación terá lugar un acto cunha intervención coa lectura do Manifesto que motiva este chamamento. Nese intre se fará a cadea humana que rodee o congreso.
 
8. A idea da coordinadora é que consigamos un mínimo de 2000 persoas.
 
9. Aprobouse contactar cos bombeiros para que participen na acción do 21 e colaboren na seguridade e organización da mesma.
 
10. Aprobouse que cada comarca faga a xestión necesaria para fletar autobuses ou tren. A organización correrá a cargo do Sindicato Ferroviario e a CGT
 
11. O manifesto o fará a Fronte Cívica e enviarase á coordinadora para a súa validación, aportacións, suxestións, etc. Un compañeiro fixo a suxestión de que no manifesto se faga referencia ó tratado de libre comercio entre Europa e EEUU. Foi aceptada a súa proposta.
 
12. Aprobouse traballar nas comarcas para a difusión da acción do día 21, e pediuse que na vindeira semana, primeira de xuño, se fagan asembleas locais.
 
13. Non se impide que as organizacións leven as súas bandeiras ou faixas, pero se pide moderación no uso das mesmas, se se invita a que se faga unha marcha que exprese o carácter de loita unitaria das Marchas da Dignidade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript