Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN . Pepa Bueno
 

"Dación en pagamento para os banqueiros"

Os primeiros catro banqueiros condenados en España polo espolio das caixas de aforro e o seu rescate con diñeiro público puideron beneficiarse dunha especie de dación en pagamento.

 

  • Noticias relacionadas

Devolven os 30 millóns de euros que se adxudicaron ilegalmente en pensións e líbranse do cárcere. E iso que o xuíz que condena aos catro ex directivos de Caixa Penedés non aforrou cualificativos no seu fallo: "produciuse unha actuación pola súa banda maliciosa, insidiosa, enganosa para a sociedade. Burlando os controis da caixa de aforros antepuxeron intereses persoais abusando da confianza que tiñan depositada en vostedes".
 
Pero a continuación o xuíz entende que ao devolver o diñeiro se restaura a orde xurídica e se compensa á vítima [o banco] ". Rebaixa a condena e o Fiscal dáo por bo.
 
Nada que obxectar claro. Todo se axusta á lei, hai que subliñar que a xustiza traballa e tarde ou cedo alcanza a todos, que devolvan o diñeiro é esencial e o cárcere non o arranxa todo.
 
Pero hoxe é inevitable acordarse de que a dación en pagamento non podía xeneralizarse en España polo precedente que sentaba, a inseguridade xurídica que provocaba, o derrubamento do sistema bancario ao que conduciría. Todas as pragas bíblicas nos ían axexar se unha familia atropelada pola crise e cun crédito de 150.000 euros entregaba a súa casa e con esa entrega librábase dos 70.000 euros que aínda lle quedaba por pagar.
 
E non obstante, o sistema parece que resiste ben, sen cambalearse e sen que lle preocupe o exemplo para futuros administradores desleais... que catro señores se adxudiquen 30 millóns de euros ilegalmente e cando os pillan, os xulguen,lles  boten a reprimenda, devolvan o diñeiro e a casiña.
 
As comparacións son inxustas porque falamos de cousas moi diferentes, é verdade. O dos banqueiros é un delito e o das hipotecas non. Banqueiros procesados hai un centenar e os hipotecados son miles. Si,  as comparacións son inxustas, pero sobre todo son odiosas
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript