Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 234 - 02/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL - Economía Dixital
 

O salario medio no estado español baixa por primeira vez dende 1949

Cal é o salario medio bruto dun cidadán do estado? Pois en 2013, a cifra quedou nos 1.634 euros mensuais. Este dato, no que se exclúen pagas extras, indemnizacións ou retencións que correspondan, apenas caeu o 0,3% respecto a 2012. O cambio é que non se rexistraba unha caída do salario medio dende 1949. É dicir, dende hai 64 anos.

 

  • Noticias relacionadas

O Monitor Adecco, elaborado pola empresa de recursos humanos xunto cos investigadores Barceló e Asociados, incide en que o salario medio do ano pasado foi un 4,6% maior que o de 2008, ano no que empezou a crise. A partir de 2009, permaneceu estancado. Ata que en 2013, respecto a 2012, caeu a cifra interanual por primeira vez na serie histórica.
 
País Vasco e Madrid, á cabeza de salarios altos
Adecco tamén analiza a perda de poder adquisitivo dende que en 2008 explotou a crise económica. Neses seis anos, a capacidade de compra dos españois caeu o 4,1%.
 
Por autonomías, os salarios máis altos localízanse en País Vasco (1.984 euros mensuais de media), seguida da Comunidade de Madrid (1.903 euros) e Catalunya (1.743 euros). As que menos? Extremadura (1.335 euros), canarias (1.375 euros) ou Galicia (1.447 euros).
 
O Estado Español, por debaixo da media europea
O informe da compañía tamén compara o salario medio co resto dos 28 países da Unión Europea (UE), na que o Estado non queda en moi boa posición. Os españois cobran un 17% menos que a media europea, cuxa cifra alcanza os 1.972 euros.
 
Precisamente, hai un mes, Suíza rexeitou incrementar 18 euros a hora as remuneracións salariais, tal e como propoñía a Federación Sindical Suíza (SGB). O argumento que gañou ao si foi que con esta suba, o país perdería competitividade e levaría consigo unha previsible redución de persoal.
 
Os máis ricos e os máis pobres
Os soldos máis elevados do vello continente encóntranse en Dinamarca (3.739 euros mensuais), Luxemburgo (3.009 euros), Finlandia (2.622 euros), Irlanda (2.621 euros) e Alemaña (2.574 euros). Na cola da clasificación encóntranse Bulgaria (316 euros), Romanía (395 euros), Letonia (490 euros), Lituania (535 euros) e Hungría (565 euros).
 
Economía Dixital, 29/05/2014
 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript