Número 233- 26 de maio de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

O secretario xeral e o presidente do Consello Social teñen que cesar

UNIVERSIDADE

    Xuntamos a orde do día da nova reunión do Consello de Goberno que se realizará o vindeiro día 27. Xa nos remitíchedes algunha das intervencións a realizar na quenda aberta, se tedes algunha cousa que queirades que sinalemos indicádenolo.

XUNTA DE GALICIA

    O calendario laboral determina 14 días festivos no ano, 10 sinálaos o Estado, 2 a Xunta de Galicia e 2 os respectivos concellos. A Xunta de Galicia ven de fixar os dous días que lle corresponde, en concreto o 2 de novembro (que substitúe ao 1 de novembro que no 2015 cae en domingo) e o día 20 de marzo (que substitúe ao 6 de decembro que tamén será domingo).

NA ENCRUCILLADA

    Se as enquisas públicas sobre as eleccións europeas deste 25 de maio acertan, teremos unha abstención do 60% e o Partido Popular vai ser o máis votado, cunha porcentaxe ao redor do 30% sobre os votos emitidos. Isto significaría que ao PP abondaríalle co apoio dun pírrico 12% do electorado para gañar as eleccións e facerse con case a metade dos eurodiputados.

SOFTWARE LIBRE

    Ubuntu 14.04 LTS é unha versión de confianza, seguro e intuitivo para as empresas, gobernos e ensino, tamén é un substituto de baixo custo para Windows XP ou Windows 7. Conectado coa nube e como sempre en galego.

COMISIÓN ESPAÑOLA DE AXUDA AO REFUXIADO

    A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) denunciou este martes "a impunidade" coa que o Ministerio do Interior "se salta" a lexislación estatal e internacional en materia de asilo, cun informe que analiza o grao de cumprimento en España da xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) ao respecto e que revela violacións, deficiencias e malas prácticas en protección internacional.

MESA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE MADRID

    A Consellaría de Sanidade, a través do Director Xeral de Atención Primaria, Antonio Alemany en persoa, cesou 4 Directores de Centros de Saúde alegando ter gastado máis diñeiro do presupostado en 2013 para cubrir os equipos necesarios para atender á poboación dos seus Centros de Saúde.

INTERNACIONAL

    Sao Paulo, unha das doce sedes do Mundial de Fútbol 2014, foi este xoves escenario doutra protesta multitudinaria co fin de criticar o Goberno polos excesivos gastos que destinou para a realización deste evento deportivo mentres existen diferentes problemas sociais no país.

A LINGUA NO XULGADO

    Tanto a Mesa Pola Normalización Lingüística como Prolingua publicaron comunicados de apoio ás persoas enxuizadas polos feitos acontecidos o 8 de febreiro de 2009 durante unha manifestación convocada por Galicia Bilingüe e na que se detiveron persoas polo só feito de falar en galego.

• OPINIÓN . Ignacio Escolar

    Imaxinen, é un supoñer, que tería pasado se as presuntas asasinas de Isabel Carrasco militaran na PAH, ou nun partido de esquerdas, ou en calquera sindicato.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    “A institución da que son reitor desde o ano 2012 está totalmente saneada. A UDC non contribúe á débeda institucional”. Declaracións atribuídas ao reitor nunha entrevista que publicaba o xornal El Economista o pasado 21/05/2014. O normal sería alegrarse desta tan boa noticia, pero procede unha análise para saber a que custo e que colectivo se vei afectado dun xeito máis violento polas medidas de "aforro".
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    A Comisión de Facenda e Administración Pública do Congreso dos Deputados aprobou, o martes pasado, con competencia lexislativa plena o proxecto de Lei de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, grazas á maioría absoluta do PP (23 votos), que fixo inútil a oposición do resto de grupos (20 votos)..
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    O envellecemento da poboación, co aumento das enfermidades crónicas e a pluripatoloxía, a constante renovación tecnolóxica que encarece a prestación asistencial e o incremento na frecuentación dos servizos formulan un desafío para o sistema sanitario, que debe dar resposta ás novas demandas e afrontar o desafío da propia sustentabilidade nun contexto de crise económica global.
 RECUPERACIÓN, QUE RECUPERACIÓN?
    O número de parados que perdeu o seu emprego tres anos antes ou máis aumentou en 234.200 persoas en 2013, un 22,5% respecto a 2012, ata alcanzar os 1.275.700 desempregados, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística a partir da Enquisa de Poboación Activa (EPA).
 ATTAC
    A catro días das Eleccións ao Parlamento Europeo e con ocasión da quinta rolda de negociacións do Tratado Comercial UE-EUA, máis de 120 organizacións de Europa denuncian o proxecto como un ataque aos dereitos e á democracia.
 XULGADOS
    Imaxinemos un escenario hipotético no que a lingua española estivera ameazada pola competencia do inglés ou do alemán, cousa que non está lonxe de ocorrer, por certo, nalgúns casos (Canarias e Mallorca), e unha manifestación de inglés ou alemán falantes solicitase permiso para se manifestar polas principais rúas Palma de Mallorca e Santa Cruz de Tenerife esixindo os seus dereitos lingüísticos.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Marcos Maceira: “A Xunta e o presidente Feixó deberían tomar nota e pórse a traballar dunha vez a favor da lingua galega, que nos une e identifica”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      ACABOU A CAMPAÑA

       
        EUROESCÉPTICO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript