Maio de 2014
 
 

NÚMERO 233 - 26/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Pan e circo
España é ese país onde o fútbol é unha relixión, a relixión é política e a política un partido de fútbol. E así nos vai. Pan, circo e (moito furbo), miseria, ignorancia e corrupción xeneralizada que a calquera persoa decente debería ruborizar.

 

Hai alternativas
Se algo trouxo internet afortunadamente, é unha oferta informativa que se escapa do control que exerce o poder político e financeiro sobre os medios de comunicación maioritarios. E esa oferta está ademais ao alcance de calquera. Diarios alternativos ou blogs intentan romper ese pensamento único que queren impoñernos. Por moito que queiran comernos o coco, sempre existe a posibilidade de formularte as cousas e loitar polo que cremos xusto.

O panorama é desolador
O panorama é desolador. Hai que buscar e rebuscar para atopar algún anaco de información realmente útil para o cidadán entre a montaña de "entretemento" lixeiro que se ofrece cada dia. Permitídeme recomendarvos un artigo concreto de onte, en El País, que creo é de interese e responde ao dito anteriormente: http://blogs.elpais.com/analitica/2014/05/el-bce-por-encima-de-la-democracia.html

Democracia intervida
Os políticos (con nomes e apelidos) usurparon e teñen secuestradas as administracións, as institucións e as empresas públicas.Contrólano todo: contratos, concesións, subvencións, oposicións, etc, etc etc, é horrible.As eleccións parecen libres e democráticas pero están intervidas.E usan o fútbol como escudo social e como "durmideira", teñen absolutamente hipnotizada a poboación coa conivencia dos MMCC, por iso alcanzou a dimensión que ten polo apoio cego dos MMCC. O mellor é unha abstención escandalosa ou votar a partidos minoritarios.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript