Maio de 2014
 
 

NÚMERO 233 - 26/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  NA ENCRUCILLADA
 

Bandeira branca, unha democracia que esmorece

Se as enquisas públicas sobre as eleccións europeas deste 25 de maio acertan, teremos unha abstención do 60% e o Partido Popular vai ser o máis votado, cunha porcentaxe ao redor do 30% sobre os votos emitidos. Isto significaría que ao PP abondaríalle co apoio dun pírrico 12% do electorado para gañar as eleccións e facerse con case a metade dos eurodiputados.

 

  • Noticias relacionadas

Detrás destas cifras brutais hai un comportamento sociolóxico aínda máis inquietante. Semella que unha parte importante da sociedade ten inzado a bandeira branca da derrota e desenténdese da política. Posiblemente debido ao noxo que lle provocan moitos dos cargos políticos, ancorados nuns comportamentos máis propios da mafia, sumidos nunha corrupción que apesta nas súas elites. Porén, cal é a alternativa? Se no xogo democrático, no que as eleccións son a súa expresión máis directa, non conseguimos activar os mecanismos para endereitar o rumbo, a sociedade agarrarase a outros flotadores que xurdan entre as ondas. Ese foi o caldo de cultivo no que, por exemplo, se formou o nazismo na Alemaña de Hitler. O perigo de renegar do xogo democrático, de pensar que ningún partido político é bo, do “non nos representan”, temos que confrontalo coa historia. Temos que lembrar que hai anos foron moitas e moitos os que loitaron e incluso deixaron a súa vida para conseguir o dereito de que puidésemos elixir por medio das votacións.
 
Na Encrucillada. Artigo realizado antes das votacións das eleccións europeas

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript