Maio de 2014
 
 

NÚMERO 233 - 26/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A universidade está saneada

“A institución da que son reitor desde o ano 2012 está totalmente saneada. A UDC non contribúe á débeda institucional”. Declaracións atribuídas ao reitor nunha entrevista que publicaba o xornal El Economista o pasado 21/05/2014. O normal sería alegrarse desta tan boa noticia, pero procede unha análise para saber a que custo e que colectivo se vei afectado dun xeito máis violento polas medidas de "aforro".

 

  • Noticias relacionadas

A situación económica da universidade debe ser analizada desde a perspectiva de a quén se lle fai pagar o custo desa economía que se presume saneada.
 
Facendo unha extrapolación, a nivel de Estado, Rajoy gábase de que xa se albisca a luz ao final do túnel. Para o 1% da poboación parece que isto é certo, para eles, si existiu a crise, foi algo moi pasaxeiro, os bancos incrementaron as súas ganancias, as grandes empresas incrementaron as súas marxes de beneficio, os ricos son máis ricos…  pero todo isto a custo do empobrecemento xeneralizado da poboación (do 99% restante), da imposición dos contratos lixo, da socialización da débeda privada que se enxuga a base de recortar e recortar nos servizos públicos … quén sae perdendo nesta “recuperación” que anuncia o PP, pois nin máis nin menos que a cidadanía en xeral.
 
Na UDC pasa algo semellante. Mentres que se aprobaban os hoxe ilegais incentivos á xubilación do PDI negábaselle ao PAS laboral o cumprimento do establecido no Convenio Colectivo “por imposibilidade orzamentaria”. Mentres que se “optimiza” reorganizando a RPT do PAS, se cambia de quenda e ubicación ao PAS de xeito unilateral, increméntanse os cargos de xestión destinados ao PDI e nin falar de reorganización dos departamentos…·. A última é o recorte na acción social que obriga a moitas traballadoras e traballadores ao copago e que disminúe directamente as axudas para o coidado de fillos…, neste caso o recorte aféctanos a todos/as (PDI e PAS) pero afecta moito máis gravemente aos que menos cobramos.
 
Na universidade non hai un sentimento real da existencia do que se denomina de xeito grandilocuente moitas veces “Comunidade Universitaria”. Unha gran parte do estamento docente ten a convicción de que son o embigo da universidade e de que o PAS somos totalmente prescindibles. Fánnolo saber coa marxinación, coa desprofesionalización das RPT, cos recortes e mesmo coas palabras do actual (esperemos que por pouco tempo) secretario xeral.
 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript