Maio de 2014
 
 

NÚMERO 233 - 26/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN . Ignacio Escolar
 

Terrorismo tuiteiro

Imaxinen, é un supoñer, que tería pasado se as presuntas asasinas de Isabel Carrasco militaran na PAH, ou nun partido de esquerdas, ou en calquera sindicato.

 

  • Noticias relacionadas

Twitter inventouse en 2006. Facebook, en 2004. O maior atentado yihadista da historia é do 11 de setembro de 2001, pero a realidade nunca foi un obstáculo para a verborrea do ministro Jorge Fernández Díaz, que agora culpa ás redes sociais de ser o lugar onde o terrorismo yihadista "máis se está desenvolvendo". Os terroristas avanzaron tanto, ao parecer, que ata poden viaxar no tempo.
 
A afirmación do ministro é tan basta como o anuncio do martes de investigar ás redes sociais para "limpalas de indesexables". A obsesión cos insultos en Twitter responde a unha estratexia moi clara: utilizar politicamente o tráxico asasinato de Isabel Carrasco e as reaccións que provocou en Twitter (ou en calquera charla de bar) como a escusa oportuna para acoutar e controlar aínda máis as redes sociais, eses espazos de liberdade tan temidos por un Goberno empeñado en recortar a liberdade de expresión e o dereito á protesta.
 
As presuntas autoras do asasinato de Isabel Carrasco son dúas militantes do Partido Popular. Que se saiba, nin sequera teñen Twitter. O yihadismo, a PAH, o 15 M e as redes sociais non aparecen por ningún sitio neste crime. Nin a vítima nin as asasinas nin a policía municipal que encontrou a pistola nin o toxicomano que a vendeu: non hai un só protagonista neste terrible crime que teña relación ningunha con eses "indesexables" -que diría o ministro-, eses que empezan apupando os políticos e acaban tombando as Torres Xemelgas ás ordes de Bin Laden.
 
Imaxinen, é un supoñer, que tería pasado se as presuntas asasinas militaran na PAH, ou nun partido de esquerdas, ou en calquera sindicato. Que veriamos. Que teriamos escoitado. Que publicaría certa prensa.
 
É doado imaxinar a resposta.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript