Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xunt@s podemos!

Publicamos unha carta que nos remite unha das compañeiras presentes na Mesa de Acción Social. Entendemos que reflicte o sentir de moitas e moitos compañeiros e compañeiras que non chegamos a entender a actitude do reitor que mentres parece que sacará diñeiro debaixo das pedras para manter uns incentivos á xubilación ilegais, superar a taxa de reposición imposta para a contratación de PDI…, recorta os dereitos sociais.

 

  • Noticias relacionadas

ESTIMAD@S COMPAÑEIR@S....
 
Despois da última reunión que tiveron os órganos de representación co Xerente e “Compañía”, unha vez máis non foron quen de facer un esforzo por ofrecer unha acción social “digna”, todas as forzas sindicais e agrupacións alí presentes puxeramos como punto de partida asegurar unha cantidade igual á do 2013, xa que, como ven dixera a xerencia nas últimas reunións o 2014 era un ano de “transición”....transición para que?....pois polo visto, para MÁIS RECORTES.....ofrécenos AS MIGALLAS.
 
Esto faino un goberno que se definía de esquerda...ata que chegou ao poder....e sacou o disfraz mostrando as súas dúas mans dereitas.....
 
Xa non hai volta atrás....o camiño comezou....non somos cans aos que se lles tira unhas migallas...somos Persoal de Administración e Servizos.
 
Cando nos quedamos a comer cos nosos compañeiros nun restaurante, pagámolo a escote...e non lle chamamos COMIDA DE TRABALLO e pasamos a factura á universidade....comemos nas cafeterías do campus, non vamos a GRANDES RESTAURANTES OU HOTEIS.
 
Non temos REGALOS DE EMPRESA. Cando queremos facer un regalo aos nosos compañeiros por un acontecemento ou simplemente cando marchan,,,,pagámolo a escote (unha vez máis).
 
Non artellamos no Consello de Goberno maneiras de poder seguir contratando PDIs, mentres o PAS non pode nin coller un día de asuntos particulares porque non hai quen o substitúa.
 
Nós temos o poder nas nosas mans, todos e cada un de nos temos o control, sabemos o que se fai e o que se desfai....sabemos onde van parar os cartos, quen os malgasta e xoga con eles.
 
Se a fiscalía ten que entrar aquí e poñer orden, que poña...se queren un POKEMON 3 A REVOLUCIÓN, terano!!!!
 
Ata aquí chegamos, a líña vermella está marcada, non daremos  nin un paso atrás. Xa  non temos máis por entregar....estamos ESPIDOS...pero NON DE XEONLLOS, estamos de PÉ,  preparados para defendernos.
 
Podemos ser cada día mais, pero non mellores, porque XA SOMOS OS MELLORES...

 
COMPAÑEIR@S...ESTE É O COMEZO DO RESTO DAS NOSAS VIDAS....XUNT@S PODEMOS. NIN UN PASO ATRAS...agás para coller impulso.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript