Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  RADIOGRAFÍA DO DESEMPREGO II:
 

Un de cada tres parados leva mais de 2 anos buscando emprego

A EPA do 1º trimestre mostra a grande dificultade para atopar emprego en Galicia. O paro de moi longa duración vai gañando espazo nas estatísticas.

 

  • Noticias relacionadas

Na actualidade, 109.000 parados levan mais de 2 anos buscando un posto de traballo. O que representa o 37% do total de desempregados, cifra moi superior ao 13% do mesmo trimestre do 2009.

Pola contra, hai cinco anos, mais da metade dos desempregados declaraban estar buscando emprego dende un período inferior aos 6 meses. Agora, esta categoría redúcese a un 23% posto que preto do 60% levan mais dun ano buscando activamente un emprego.
 
Ao final, o emprego que se atopa, como indican as estatísticas de paro rexistrado de abril, é maioritariamente temporal, retribucións míseras con contratos parciais e asociados ao carácter estacional de actividades coma o turismo. Pura explotación.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript