Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  LINGUA
 

En defensa da xustiza en galego

A defensa do galego na xustiza. Esa será a encomenda dos novos 20 novos xuristas que ingresarán na Irmandade Xurídica Galega.

 

  • Noticias relacionadas

Esta entidade, nacida para promover e potenciar o noso idioma no ámbito da xudicatura, celebra a súa VII asemblea no Paraninfo do Instituto Ramón Otero Pedraio de Ourense o próximo día 24. Alí, estes 20 novos xuristas pronunciarán a fórmula ritual de prometer desempeñar a súa actividade profesional en lingua galega.
 
Con estes xa son preto de douscentos os xuristas que integran a Irmandade: maxistrados, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios de oficinas xudiciais. No acto intervirá o Fiscal Superior de Galicia que disertará sobre a figura do xurista homenaxeado deste ano Amadeo Varela Rodríguez , avogado ourensán vencellado á causa galeguista na II República –escribiu artigos no xornal A Nosa Terra- e nos movementos antifranquistas.
 
O acto contará, ademais, coa descuberta dunha placa conmemorativa na rúa do Progreso da cidade das Burgas, onde Amadeo Varela tivo o bufete.
 
Galicia Confidencial

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript