Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 17/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Votei a Armesto
Si fun un dos que votei no seu día a Armesto, non porque pensara que era un bó representante, non porque pensara que ía defender a autonomía universitaria ou que ía respectar os dereitos adquiridos, tampouco porque pensara que respectaría ao PAS como parte da Comunidade Universitaria. Votei a Armesto porque entre os candidatos que se presentaban ás eleccións parecíame o menos malo. Hoxe decátome de que votar ao que pensaba era o menos malo segue a significar que voto a un mal representante. Aprendín para sempre.

 

A acción social
A acción social enmárcase dentro dun deber xenérico de protección do traballador que emana da propia relación de dependencia que une o traballador co empresario, e polo tanto fai o traballador acredor de certa tutela polo empresario. No momento en que os gobernos espremen aos traballador@s, nomeadamente aos traballador@s da administración pública, é máis necesaria a existencia de fondos que mitiguen, dalgún xeito, esas políticas de recorte. As partidas destinadas á acción social forman parte das alternativas que teñen os traballadores e traballadoras das Administracións Públicas para aminorar ese factor de desestabilización das economías dos que menos cobramos. O sr.reitor e os que con el dirixen a UDC non o entenden (ou non o queren entender), e iso que presumen de ser xente lúcida. Así nos vai, como dicía un deles.

A nosa forza, a unidade.
Vexo con optimismo que todos os sindicatos e a APA sacasen comunicados rexeitando as manifestacións do secretario xeral no seu facebook, seguramente cando denunciedes o feito nas mesas onde faledes do asunto aparecerá a típica disculpa de que se realizaron a título persoal e non representan o sentir do conxunto do equipo reitoral. Se iso sucede teredes que sacar a relucir o feito de que, varias concellais do PSOE dimitiron por poñer no mesmo o semellante medio de difusión frases consideradas como impropias sobre o asasinato da, entre outros cargos, presidenta do PP de León. As declaracións do secretario xeral foron tan ofensivas que requiren o seu cese inmediato, o feito de que fosen aplaudidas por outros membros do equipo reitoral manifesta ás claras o que significamos para eles.

O sr. reitor non nos representa
As palabras escritas, negro sobre branco, polo secretario xeral no seu facebook e ´que lle gustan a algún membro do seu equipo son unha clara manifestación do que significamos para el/eles, somos absolutamente prescindibles, todo o que temos debémosllelo a eles e procede da súa graciable magnanimidade. Para el/eles  todos formamos parte do extinto colectivo de persoal subalterno. Cando lles apeteza mandarannos que lles traiamos os cafelitos, só falta que nos digan que grazas a eles non hai, na universidade, dereito de pernada.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript