Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Mesa de Acción Social. 2015, o reitor prorroga o recorte

A reunión da Mesa de Acción Social realizada o pasado venres, día 16, foi unha reunión curta, e sen ningunha posibilidade de acordo. A xuntanza ben se podía substanciar, como sinalaba unha das compañeiras presentes, coa remisión dun correo electrónico.

 

  • Noticias relacionadas

O Xerente, despois de salientar o esforzo que supoñía incrementar a cantidade ofertada na reunión anterior (654.000€), establece, como última oferta a mesma dotación económica para o ano 2015 que para o ano 2014, ou sexa: 724.517,25€. Condénanos, polo tanto, á prórroga do copago e ao mesmo recorte que impuxo para o ano 2014.
 
Todos os sindicatos presentes na reunión  rexeitamos a cantidade presentada por non cumprir o requisito que nos marcamos cando comezamos as reunións, nin máis nin menos que recuperar a acción social de 2013 e negociar a asignación estable do 1,5% da masa salarial para esta partida.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript