Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  MANIFESTO DOS REITORES
 

Wert descualifica aos reitores no Congreso e acúsaos de mentir no seu manifesto en defensa das bolsas

Como xa vos indicamos nun anterior PASquín o Ministerio xa se pronunciara en contra do manifesto lido polos reitores o pasado día 30 de abril, agora o propio ministro de Educación asegura que os argumentos dos reitores sobre as bolsas "non" teñen fundamento" e que algunhas das súas afirmacións son "manifestamente incertas".

 

  • Noticias relacionadas

José Ignacio Wert restou importancia ás críticas vertidas polos reitores o pasado 30 de abril nun manifesto no que criticaban os recortes ao ensino público, xa que se trata de "xuízos de valor infundados". Tal e como dixo o ministro de Educación na sesión de control no Congreso, "algunha das afirmacións dese comunicado son manifestamente incertas".
 
Así respondeu Wert ao ser preguntado pola deputada socialista Angelina Costa que resposta vai dar ao manifesto que leron conxuntamente os reitores, e no que esixían ao Goberno o fin dos recortes educativos tras 'vender' insistentemente a mellora da economía. Segundo o ministro, "o Executivo respecta todas as opinións, de forma moi particular a dos reitores", pero iso non ten nada que ver co feito de que "algunha das afirmacións dese comunicado son manifestamente incertas e algún dos xuízos de valor que se verten son manifestamente infundados".
 
Unhas palabras que criticou a socialista, que lle recordou que as medidas excepcionais que se adoptaron pola conxuntura económica afectaron a toda a comunidade universitaria. "Suba de taxas, recortes ás bolsas, unha exigua taxa de reposición que está a castrar o progreso na profesión académica, unha mingua nos presupostos para investigación nas universidades do 70%... Dígalles aos estudantes, aos reitores e a toda a comunidade universitaria que vai facer, se ten previsto abordar estas cuestións e derrogar as súas medidas," reclamou Costa, que dixo que "os reitores non son bolxeviques, están preocupados polo futuro da comunidade universitaria, como debería estalo vostede".
 
Wert, pola súa banda, dixo estar tamén "preocupado" pola situación universitaria, pero "o que din os reitores sobre as bolsas non ten fundamento. Houbo máis bolseiros universitarios que nunca na historia de España, e a cantidade destinada ás bolsas foi máis elevada que nunca". Ademais, insistiu, "os requisitos de acceso ás bolsas non redundaron nunha concesión menor, senón maior".
 
Por outro lado, sinalou, o tema das taxas "responde a unha competencia das comunidades autónomas dentro dos límites marcados por un Decreto Lei, uns acátanos dunha forma e outros doutra". É máis, indicou que "actualmente son 1.105 euros o prezo medio dun grao en España, cantidade favorable respecto a outros prezos na UE," dixo Wert, que afirmou que os presupostos de investigación "se axustarán dependendo das posibilidades orzamentarias".
 
E para rematar, o ministro de Educación dixo estar completamente de acordo cun punto do mencionado comunicado dos reitores, co último. Nel dicíase que "a universidade española, como toda a universidade europea, afronta necesidades de adaptación do seu sistema a unha realidade social e económica que esixe unha modernización das súas estruturas e funcionamento. Para poder abordala, é necesaria a busca dun amplo consenso social e político que debe empezar forzosamente pola recuperación da normalidade na súa vida académica, docente e investigadora. A consecución destes obxectivos implícanos a todos -axentes sociais, goberno, comunidades autónomas e universidades- e é necesario conseguilo en beneficio da sociedade española".
 
Efe
 
Os reitores reafirman a súa censura aos recortes tralas críticas de Wert

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript