Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Montoro non precisa en que ano se devolverá a paga extra suprimida en 2012

O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, non precisou o ano en que se fará efectiva a devolución da paga extra de Nadal suprimida aos traballadores/as da Administración Pública en 2012 e insistiu en que será reintegrada progresivamente "cando o permitan as condicións económicas e presupostarias".

 

  • Noticias relacionadas

Así respondeu ao deputado do PNV Pedro Azpiazu durante a sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados cando lle preguntou en que data pensa resarcir aos traballadores públicos a perda salarial que lles supuxo a supresión da paga extra de Nadal hai dous anos.
 
Aínda que se insinuou que a paga non se devolverá ata 2016, o secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, sinalou que cre que é "absolutamente prematuro" aventuralo.
 
O ministro limitouse a repetir que se facilitará a progresiva recuperación da paga extra nos tempos e contías que permita o cumprimento dos obxectivos orzamentarios" e unha vez que se produzan mellores condicións económicas e orzamentarias.
 
Non obstante, Azpiazu criticoulle que non se comprometa en prazos fixos" e propuxo ao Goberno que non espere a 2015 só por motivos electorais" e que reintegre este ano o 50% do importe da extra e o outro 50% o próximo ano.
 
"Vostede insiste en que as previsións melloran día a día e que a recadación crece. A que espera para cumprir co seu compromiso? ", requiriulle o deputado do PNV, tras recordar que os empregados públicos acusan unha perda de poder adquisitivo do 20% dende o 2009, entre a suba de prezos e as rebaixas salariais.
 
Neste sentido, Montoro, recoñeceu a "axuda" e a contribución "enormemente útil" dos traballadores públicos para resolver a crise. Non obstante puntualizou que "tamén os traballadores públicos se beneficiarán da baixada do IRPF" "en 2015".
 
Axencias

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript