Maio de 2014
 
 

NÚMERO 232 - 19/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA
 

Feijoo, en plena campaña electoral, destina outros 540.000€ a subvencionar aos medios de comunicación

No DOG do 12 de maio publícase a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

 

  • Noticias relacionadas

Na resolución e como artigo único establécese:
 
Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 7 de marzo de 2014  (DOG do 14 de marzo) pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión en cincocentos corenta mil euros (540.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.1, de forma que o importe total será de un millón seiscentos setenta e cinco mil euros (1.675.000,00 €).
 
Qué independencia pode haber nuns medios de comunicación que se sustentan a base de subvencións?

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript