Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
GALERÍA FOTOGÁFICA
Fotos da concentración do día 6
PARA VER AS FOTOS PREME NESTA

CONCENTRACIÓN CONTRA OS RECORTES LABORAIS, ECONÓMICOS E SOCIAIS
 

  • Noticias relacionadas

A concentración contra os recortes, un éxito 

 

O pasado día 6 de maio, en resposta á convocatoria unitaria realizada pola Xunta de Persoal de PAS e o Comité de Empresa de PAS, un número moi considerable de traballadoras e traballadores concentrámonos, na Coruña na Reitoría e en Ferrol diante da Vicerreitoría (da concentración de Ferrol non temos fotos aínda que sabemos que foi moi numerosa, contando coa participación dunhas 30 compañeiras e compañeiros).
 
A concentración que tiña como finalidade protestar contra os recortes laborais, económicos e sociais que o Goberno Central, a Xunta de Galicia e o propio reitor impoñen aos traballadores e traballadoras da Universidade da Coruña desenvolveuse con normalidade tanto fora do recinto como no Paraninfo da Universidade onde se realizou a xuntanza do Claustro Universitario.
 
A concentración foi un éxito, tanto de participación, de combatividade así como de repercusión pública.

Video publicado en La Voz de Galicia

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript