Número 231- 12 de maio de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Universidade. A mobilización, do día 6, contra os recortes, un éxito

    O pasado día 6 de maio, en resposta á convocatoria unitaria realizada pola Xunta de Persoal do PAS e o Comité de Empresa do PAS, un número moi considerable de traballadoras e traballadores concentrámonos, na Coruña na Reitoría e en Ferrol diante da Vicerreitoría.

UNIVERSIDADE

    O equipo de goberno da Universidade non dixeriu ben a mobilización que realizamos o día 6, contra as políticas de recorte de dereitos laborais económicos e sociais, o feito de que tivese unha sinalada transcendencia pública parece que lle fixo “pupa”. As manifestacións, mentiras e medias verdades, coas que intentan deslexitimar a mobilización vertidas polo secretario xeral da Universidade no seu facebook son unha boa proba diso, facemos, polo tanto, extensivas a todo o equipo reitoral a nosa resposta.

NA ENCRUCILLADA

PARO

    No primeiro trimestre do 2014, o número de fogares con todos os seus membros en paro acada a cifra de 101.500 unidades, 5.600 fogares mais ca no último trimestre do 2013. Catro anos antes, no 2010, eran 61.600 fogares os que se estaban nesta situación dramática.

SANIDADE PÚBLICA - Pablo Vaamonde

    O sistema sanitario público está en perigo. O risco non está na pretendida insustentabilidade que pregoan os profetas ultraliberais (na acción pública sempre é sustentable aquelo que se quere sustentar). A auténtica ameaza son as políticas neocom que pretenden apoderarse dos orzamantos adicados aos servizos públicos.

FERROL - LOITA DO NAVAL

    Os traballadores/as do naval de Ferrol botáronse de novo á rúa, esta vez tratouse dunha marcha ata o edificio administrativo de Facenda, situado no barrio das Telleiras, este permanecía fortemente custodiado por varios furgóns dos antidisturvios.

CRISE ESTAFA

    O Estado Español foi o lugar da OCDE onde máis aumentou a desigualdade en termos de ingresos dispoñibles nos tres primeiros anos da crise, segundo un informe publicado o luns pasado.

PERIGO

    A nova lei xeral de telecomunicacións, aprobada a pasada semana no Congreso grazas aos votos de PP, PSOE e CiU, facilita ás operadoras a expropiación forzosa de azoteas particulares e outras propiedades privadas e públicas para a colocación de antenas de telefonía móbil "cando resulte necesario para a instalación da rede e non exista outra alternativa técnica ou economicamente viable".

INTERNACIONAL

    Durante a última semana vimos tanto o técnico da selección brasilera coma tamén o presidente da UEFA chamar á calma á poboación brasilera, que dende ano pasado se vén mobilizando por unha serie de demandas, ademais de denunciar a inxustiza e desigualdade que revelou a organización da Copa do Mundo.

• OPINIÓN . Ignacio Escolar

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 9 de maio reuniuse a Mesa de Acción Social. A primeira intervención que fixemos, incluso antes de que comezase a reunión propiamente dita foi reclamar o cese do secretario xeral polas manifestacións vertidas no seu facebook, realizadas coa única finalidade de deslexitimar as xustas reivindicacións do PAS.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O Goberno central aprobou o 13 de xullo de 2012 unha serie de medidas anticrise que afectaron de cheo aos traballadores e traballadoras da Administración Pública. Entre outros recortes, eliminou os días de vacacións adicionais concedidos en función da antigüidade.
 PARO
    O paro rexistrado en abril nas oficinas do INEM de Galicia acada a cifra de 270.144 persoas (130.746 homes e 139.398 mulleres). Supón un descenso de 6.319 respecto ao mes de marzo. Pero, xa ninguén se lembra das cifras, de por si elevadas, de hai 8 anos, no 2006, cando o paro neste mes sumaba 170.332 persoas.
 OS RECORTES PÓDENTE MATAR
    Lonxe de se concretar para a cidadanía a tan cacarexada recuperación económica que a bombo e prato anuncian os empresarios, políticos e medios de comunicación, os cidadáns sufrimos na nosa pel cada día máis recortes.
 NOTA DO CCE SOBRE O HUB DE REGANOSA
    Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada.
 QUEREMOS GALEGO - 17 de maio
    Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido nas 8 mobilizacións que terán lugar o 17 de maio de 2014 na Galiza.
 INMIGRACIÓN
    A secretaria General da Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR), Estrela Galán, denuncia que as forzas policiais "substituíron as pelotas de goma por gas pementa e extintores" contra os inmigrantes que intentan acceder en Ceuta e Melilla saltando os valos y esixe "o cumprimento estrito da lei respecto ao control fronteirizo e aos procedementos de asilo" nas fronteiras.
 LINGUA - Francisco Fernández Rei
    A comezos do pasado mes de marzo a prensa informou dunha carta privada do presidente da Real Academia Española (RAE) ó presidente da compañía RTVE en que lle manifestaba que no plenario da institución provocara “desconformidade e certa inquedanza” que se elixise unha canción cantada parcialmente en inglés para representar a España no Festival de Eurovisión
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      OS CIDADÁNS SUSPENDEN Á MONARQUÍA POR TERCEIRA VEZ CONSECUTIVA NO BARÓMETRO DO CIS

       
        O ESTADO ESPAÑOL FOI O PAÍS DA OCDE ONDE MÁIS CRECEU A DESIGUALDADE COA CRISE

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript