Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Cese do secretario xeral
Son das que non ten ao secretario xeral como amigo no facegook, a verdade é que non teño a ninguén do equipo de goberno, hai moito tempo que rompín lazos con esta xente. O secretario xeral, que chegou a ser alto cargo no bipartito vai deixando amigos por onde pasa. As nacionalistas vellas sabemos da súa traxectoria e “obras”, do seu oportunismo e dos que, sendo iguais ca el, o rodean, aí está o Filipe Díez ao que tal parece que tamén lle escribiu a páxina do facebook, este forma parte do coro que aínda radicaliza e desvirtúa máis a realidade incorporando ás apreciacións do propio secretario xeral a súa xenreira persoal. Pódelles a cobiza e o odio visceral. Despois de ler o que limos o secretario xeral non pode pasar nin un minuto máis no posto.

 

Que aprendan
Ao PAS pódenos recortar a acción socia, pódennos roubar a paga, pódennos marxinar nas tomas de decisións. Pero non nos poden quitar a dignidade. Pasou con Meilán e volve a pasar agora. Mentres que o PDI que se sabe sempre gañador (en canto haxa algo que repartir será para eles) e, como vedes non chista, o PAS sempre estivo na primeira liña da reivindicación, nós non temos colchón, cando nos quitan algo, aínda que sexa pequeno para outros, é moi importante nós. Este equipo de goberno pensou que non respostariamos que a desafección e a desmobilización xeneralizada repercutirían en que non lles plantariamos cara. Que aprendan!

Tivo repercusión
A concentración na Reitoría  da Coruña, e na Vicerreitoría de Ferrol un éxito. Ademais de ser un éxito de convocatoria, foi un éxito na repercusión mediática, o feito de que o Claustro sexa, por si mesmo, un lugar que os periodistas gráficos cubran de xeito habitual, conseguiu que a medida que se preparou fose coñecida publicamente.
Por unha vez saíu todo como cabía apetecer. Desta vez esmeráchedesvos. Un saúdo.

O sr. reitor
Un reitor progre impoñendo medidas conservadoras. Xa pasou no bipartito, pasou no Concello da Coruña e seguirá pasando. Unha parte do nacionalismo que no seu día era sinónimo de esquerda (esencialmente porque nunca tivera posibilidade de gobernar) pasou a ser light (0% de esquerdas) mostrándose bipolar, quere seguir coa imaxe de esquerda pero, cando goberna, non é capaz de que esa imaxe da que se viste, forme parte da súa acción, pasa do radicalismo verbal á acción socialdemócrata en canto goberna. Esa situación vivímolo na Universidade, moit@s aínda cren que o reitor é de esquerda, equivócanse, o que lle importa é a xestión, presume diso, practica as mesmas políticas que Rajoy, Feijoo…. A boa xestión fundaméntaa en quitar dereitos e salario @s que menos temos.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript