Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  OS RECORTES PÓDENTE MATAR
 

O SERGAS pechará, no verán, máis de 1.200 camas diarias

Lonxe de se concretar para a cidadanía a tan cacarexada recuperación económica que a bombo e prato anuncian os empresarios, políticos e medios de comunicación, os cidadáns sufrimos na nosa pel cada día máis recortes.

 

  • Noticias relacionadas

O SERGAS pechará este verán, como denunciaron os seus traballadores e traballadoras, máis de 1.200 diarias. Será a cifra máis alta dos últimos anos. Aos máis de 38.000 pacientes que agardan por unha operación cirúrxica súmanse máis de 20.000 que non aparecen nas listas oficiais.
 
Xa sabes, este verán non enfermes, se tes a desgraza de enfermar terás moitas posibilidades de deriven a túa atención a unha data indeterminada. Se o problema é grave terás que agardar indefinidamente nas urxencias a que haxa cama, claro que sempre che poderán propoñer a derivación á sanidade privada, que, en realidade, é o que se pretende, nin máis nin menos que rematar coa sanidade pública. Esta medida, como xa che anunciamos terá efecto directo nas prestacións sanitarias básicas á cidadanía.
 
Contra esta medida os traballadores e traballadoras do SERGAS convocaton mobilizacións para os vindeiros días: 14, 21 e 28 de maio.
 
Alí estaremos!.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript