Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  NOTA DO CCE SOBRE O HUB DE REGANOSA
 

O novo HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxeria colocada no noroeste galego

Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada.

 

  • Noticias relacionadas

Ademais da ameaza que pende sobre Navantia, por riba de que 3.500 traballador@s das auxiliares xa foron despedidos, por mor da política de baleirado de gradas do Goberno do PP para xustificar o seu desmantelamento.
 
A piques de entrar na campaña electoral, o Goberno apraza a aplicación dunha nova volta de torca (recortes das pensións, subida do IVE, nova reforma laboral, desmantelamento de Navantia), e non deixa de bombardearnos co discurso do fin da crise. O Pte. do Goberno amosa a súa satisfacción, a pesar dos datos demoledores da EPA.
 
Para non ser menos na nosa comarca, a Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Reganosa e Navantia, anuncian-nos un novo "revulsivo" para Ferrolterra: "Ferrol converterase no centro mundial de Referencia de subministro de Gas aos buques", recordándonos a campaña levada no seu momento para relocalizar a planta de gas no interior da Ria, que ía relanzar a comarca, creando unha morea de postos de traballo.
 
Nunha situación de emerxencia como a que está sumida esta comarca, a Xunta, Reganosa e Navantia, non nos anuncian o dique flotante, nin barcos nas gradas. Non, iso non, mellor construílos en Asia, como así decidiu Gas Natural-Fenosa, un dos socios principais de Reganosa. Para nós deixan o máis "importante": o perigo da planta e o trasfego dos gaseiros cargados na Ría.
 
Tampouco a Xunta nos anuncia fondos públicos para un plan de emprego, nin un plan de recuperación da Ría, rematando con todos os verquidos, e as agresións (bunkering, ocupación enseada da Malata, dragado e dinamitado a canle de entrada etc etc).
 
Non nos anuncian o remate do timo ao que Reganosa somete aos cidad@s, 60 millóns ao ano a cambio de destruír a Ria cun sistema fraudulento de regasificación.
 
En definitiva, non nos anuncia o peche dunha instalación ilegal. Non nos anuncian o cumprimento da sentencia do Supremo para que deixe de ser unha ameaza para a poboación, nin o remate da corruptela de Reganosa. Non nos anuncian a apertura do gasoduto de Tui, que antes nos subministraba gas e que manteñen pechado para xustificar o timo de Reganosa.
 
Non, a Xunta de Galicia non ven a afrontar a situación de emerxencia desta comarca, promovendo o emprego, carga de traballo, sanear a Ria...; non, a Xunta ven dar cobertura á bomba de Reganosa, a seguir destruíndo a Ria, e anunciando máis merda e corrupción.
 
Ferrol a 06-05-2014
 
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
 
Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de maio de 2014 12:53
_______________
 
Documentación:

Axudas financeiras comunitarias no ámbito das redes transeuropeas de transporte e enerxía - RTE-T / RTE-E | http://euroalert.net/ueprogrammes.aspx?idp=569
 
Recollido de Ártabra 21
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript