Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Reunión da Mesa de Acción Social

O pasado día 9 de maio reuniuse a Mesa de Acción Social. A primeira intervención que fixemos, incluso antes de que comezase a reunión propiamente dita foi reclamar o cese do secretario xeral polas manifestacións vertidas no seu facebook, realizadas coa única finalidade de deslexitimar as xustas reivindicacións do PAS.

 

  • Noticias relacionadas

Entendemos que as manifestacións que publicamente fixo o secretario xeral superan o marco das opinións persoais para sinalar, xunto con outros membros do grupo de goberno da universidade, a opinión que o PAS lles merece. Se esa é a comprensión que teñen das reivindicacións do colectivo, dista moito da realidade. Reclamamos, polo tanto, o cese inmediato de Carlos Amoedo como secretario xeral da Universidade.
 
APA apoia a reclamación. Os outros sindicatos non se pronuncian.
 
Xa no referente á reunión:
 
A Universidade presentouse na reunión cunha cantidade superior á que presentara na anterior reunión (que era de 490.000€), ofertando agora para o ano 2015, 654.000€, (inferior nuns 75.000€ á partida de 2014) cantidade que, a todas luces, non chega para garantir as coberturas que se gozaban no ano 2013 no que tiña un orzamento de 887.622€.
 
APA e  CUT sinalan que, como xa manifestaron na anterior reunión que, como mínimo, reclaman a recuperación do recortado no ano 2014, como a oferta non cumpre esa condición, non aceptan a proposta.
 
CCOO entende que, se nesa cantidade non se contempla a matrícula gratuíta estariamos en cantidades practicamente iguais ás de 2013, reclama que ese concepto (matrícula gratuíta) sexa derivada a outra Capítulo do orzamento. Entende, tamén que aínda que houbera unha cantidade aceptable, o reparto debería ser revisado para adaptalo ao que se fai noutras universidades.
 
A Empresa responde que a cantidade proposta contempla a gardería e a matrícula gratuíta, que o problema non está exactamente no Capítulo onde se compute a matrícula gratuíta senón en saber de onde saen os cartos.
 
CUT indica que, recentemente, houbo unha reuníón da Comisión da Escola Infantil onde se comprometeu o mesmo orzamento que o do ano 2013.
 
O xerente sinala que pode ser modificado.
 
CIG sinala que o problema non está exactamente na cantidade a orzamentar senón nas coberturas. Se con cantidades inferiores ás do ano 2013 se ofrecen todas as prestacións que se ofrecían no ano 2013 é igualmente aceptable.
 
A UGT mantén, en esencia, a mesma opinión que CCOO.
 
CSIF fala de revisar a posibilidade de implantar as denominadas “retribucións flexibles” que posibilitarían unha acción social paralela pois habería unha desgravación fiscal cando se empregaran en gardería… (informaranos máis pormenorizadamente desta posibilidade).
 
A Universidade entende que coa proposta realizada fixo un esforzo moi considerable, pensa que, como indica CCOO, hai que explorar outros xeitos de reparto.
 
CUT, se esta é a oferta definitiva da Universidade que non se conte con nós para facer un reparto das migallas.
 
CIG sinala que, sen ánimo de rematar coa negociación, se a Universidade non vai facer outra oferta que o diga para non marear máis.
 
O xerente sinala que entende necesaria outra, última reunión, adopte unha posición definitiva. Cítanos para o vindeiro venres, día 16, ás 12:30h.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript