Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

O Estado Español, o lugar da OCDE onde máis creceu a desigualdade

O Estado Español foi o lugar da OCDE onde máis aumentou a desigualdade en termos de ingresos dispoñibles nos tres primeiros anos da crise, segundo un informe publicado o luns pasado.

 

  • Noticias relacionadas

O coeficiente Gini, que mide a desigualdade dos ingresos dispoñibles, experimentou no Estado Español unha variación de tres puntos porcentuais entre 2007 e 2010, mentres que en ningún dos outros países para os que existe esa estatística o cambio foi superior a dous puntos, indicou a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).
 
Os maiores agravamentos das desigualdades, á parte de no Estado Español, constatáronse en Eslovaquia, Suecia, Francia, Italia e Grecia. No extremo oposto, as diferenzas de ingreso dispoñible reducíronse nesa primeira fase da crise en Islandia, Portugal, Nova Zelandia, México ou Alemaña.
 
Se o período que toma como referencia é de tres décadas, entre 1980 e 2010, o Estado Español aparece como un dos Estados do estudo nos que menos se agravaron as desigualdades, unha clasificación que nese caso encabeza Estados Unidos.
 
O 1% máis rico da poboación en Estados Unidos acumulaba o 8,2% dos ingresos en 1980, pero esa cifra subiu ata o 19,4% en 2010.
 
O Estado Español situábase a metade da táboa, xa que o 1% con maiores ingresos pasou de dispoñer do 7,5% en 1980 ao 8,2% en 2010.
 
O secretario xeral da OCDE, Ángel Gurría, sinalou que nos países da organización o ingreso medio do 10% máis rico era en 2010 9,5 veces superior ao do 10% máis pobre, fronte a 7 veces 25 anos antes, o que supón un agravamento do 35%.
 
"Iso é unha mala noticia", destacou Gurría, que considerou que "a cuestión crucial (das desigualdades) son as oportunidades" e que é un asunto con implicacións para a política económica.
 
Denunciou que "a educación non está a ofrecer as mesmas oportunidades", como tampouco a dispoñibilidade de infraestruturas, as posibilidades das empresas ou as garantías para os consumidores.
 
O secretario xeral insistiu en que "sociedades máis igualitarias funcionan mellor", e en que "non" é só unha cuestión de ingresos", senón tamén de saúde ou de posibilidades de encontrar emprego.
 
EFE

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript