Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Os canosos non poden suprimirse

O Goberno central aprobou o 13 de xullo de 2012 unha serie de medidas anticrise que afectaron de cheo aos traballadores e traballadoras da Administración Pública. Entre outros recortes, eliminou os días de vacacións adicionais concedidos en función da antigüidade.

 

O Executivo vasco, malia interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra o real decreto do Gabinete Rajoy, decidiu aplicalo. Algo máis de 1.500 ertzainas afiliados a diferentes centrais recorreron a denegación dos permisos ante o xulgado do Contencioso Administrativo número 6 de Bilbao. O seu titular fallou no sentido de que os días libres vixentes antes da aprobación do real decreto non poden suprimirse. Isto significa que os ertzainas que os reclamaron teñen dereito a gozalos. Sumadas, son miles de xornadas laborais que agora o Departamento vasco de Seguridade ten que dar aos axentes.
 
Abre a porta ao resto
 
A maxistrada entende que a supresión dos 'canosos' non pode aplicarse con efectos rectroactivos. Isto é, os días aos que un ertzaina tivese dereito antes do 13 de xullo de 2012 están consolidados como vacacións. E «o dereito ás vacacións anuais retribuídas está incluído entre os dereitos fundamentais da Carta da Unión Europea e, por iso, non pode ser interpretado de xeito restritivo», subliña a xuíza na súa sentenza, que é firme.
 
Agora ben, o fallo xudicial deixa fóra os 'canosos' xerados a partir de xullo de 2012. Isto é, os axentes que computan trienios dende esa data non poden anotarse días libres en tanto o Tribunal Constitucional non resolva o recurso formulado polo Executivo vasco.
 
A resolución foi aplaudida polos sindicatos. Esta sentenza xudicial pode abrir a porta ao resto de funcionarios que queira recorrer a denegación dos permisos.

Sentenza
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript