Maio de 2014
 
 

NÚMERO 231 - 12/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  PERIGO
 

As telefónicas poderán expropiar azoteas para colocar antenas

A nova lei xeral de telecomunicacións, aprobada a pasada semana no Congreso grazas aos votos de PP, PSOE e CiU, facilita ás operadoras a expropiación forzosa de azoteas particulares e outras propiedades privadas e públicas para a colocación de antenas de telefonía móbil "cando resulte necesario para a instalación da rede e non exista outra alternativa técnica ou economicamente viable".

 

  • Noticias relacionadas

O obxectivo da normativa impulsada polo Goberno é que as compañías poidan "acometer proxectos de grande envergadura" para favorecer o despregamento de redes e a prestación de servizos, co fin de cumprir os obxectivos da Axenda Dixital para Europa, que persegue que todos os cidadáns poidan acceder a conexións de banda ancha a unha velocidade de como mínimo 30 megabits por segundo (mbps) no 2020.
 
A medida disparou as alarmas entre as asociacións de veciños e as organizacións contra a contaminación electromagnética, que denuncian que se deixa aos cidadáns "desamparados" e que temen que o aumento destas instalacións poida repercutir na saúde das persoas afectadas. "Os tellados xa non son nosos", denunciou Asunción Laso, membro da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética (Peccem).
 
Coa nova normativa, as ordenanzas ou a planificación urbanística municipal "non" poderán establecer restricións ao dereito de ocupación do dominio público ou privado das operadoras", nin impoñer itinerarios ou situacións concretos nos que instalar estas infraestruturas.
 
Tampouco será necesario que os concellos outorguen licenzas municipais de obras e de actividade para que as compañías poidan instalar as antenas, xa que abondará con que o Ministerio de Industria aprobase previamente "un plan de despregamento das devanditas infraestruturas".
 
Axencias

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript