Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

O Goberno de Rajoy pon en marcha unha nova lei de mutuas

Se ata agora, as mutuas, formadas por asociacións de empresarios, se fan cargo do salario das persoas traballadoras e asumen competencias na expedición de baixas e altas médicas no caso de accidentes ou enfermidades producidas no traballo, de levarse a efecto a reforma impulsada polo Goberno, estas empresas, que se denominarán “mutuas da Seguridade Social”, xestionarán tamén as enfermidades comúns das traballadoras e traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 

A nova reforma, que invade competencias do SERGAS, é un novo atentado ós dereitos dos traballadores e traballadoras, buscando furtar ao servizo público a xestión das baixas laborais co fin de dárllelo ás mutuas.
 
Con este novo ataque o PP, man executora dos intereses da CEOE demostra unha vez máis o obxectivo de facer negocio mediante a  privatización da sanidade.
 
Esiximos ao goberno de Feijoo que garanta aos servizos públicos a xestión das baixas laborais, en lugar de facelo a través das mutuas.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript