Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

A AGDSP denuncia o incremento nas listas de espera en Galicia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar, unha vez máis, o incremento das listas de espera en Galicia, consecuencia da política de recortes no gasto, actividade e persoal sanitario, que veñen desenvolvendo a Consellería de Sanidade coa escusa de facer fronte á crise e garantir o pago do rescate dos bancos e do endebedamento cos mercados de capitais

 

  • Noticias relacionadas

 

O número de pacientes en espera cirúrxica experimentou un incremento substancial desde o ano 2009, pasando de 34.403 a 38.106 pacientes (contabilizada na mesma data de 31 de marzo), o que supoñen 3.703 pacientes máis en espera de operación.
 
No caso dos pacientes en espera quirúrgica de máis de 12 meses o incremento foi moito máis importante, pasando de 148 pacientes en 2009 a 833 en 2014 (un pouco maior que  na mesma data do pasado ano)
 
En canto ao tempo medio de espera quirúrxica o empeoramento tamén foi importante, pasado de 71 a 83 días (12 días máis de espera media)
 
Os tempos para realizar probas diagnósticas en Resonancia Magnética, intervencionismo vascular ou endoscopia dixestiva (por escoller algunhas das máis representativas) tamén experimentaron un importante aumento.
 
Para rematar queremos denunciar, por enésima vez o escurantismo e maquillaxe das listas, dado que os chamados buzóns almacenan numerosos pacientes que non conta en situación de espera  e seguen sen publicarse os datos das listas non estruturais que segundo estudos da nosa asociacion, realizados nalgunhas localidades, poden supoñer tantos pacientes como os publicados.
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript