Número 230- 05 de maio de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Universidade. O día 6 concentración contra os recortes

    A suma de recortes impostos dende o goberno central, os lexislados polo goberno autonómico e os ditados polo reitor da universidade coloca ao PAS nunha situación insoportable.

UNIVERSIDADE

    O pasado día 30/04/2014 realizouse unha nova sesión do Consello de Goberno, nel interviñemos as e os representantes do PAS para sinalar diante do equipo reitoral as cousas que preocupan ao colectivo. Malgasto (sentenza que obriga contratar ás dúas traballadoras do SAEE ilegalmente despedidas proxecto de investigación PEIXE VERDE) , acción social, recuperación da parte devengada da paga extra de 2012, cambios de quenda…, tamén informamos ao sr. reitor e a todas as persoas que compoñen o Consello de Goberno da concentración do día 6 e sinalamos os motivos que nos levan a realizar esta acción reivindicativa.

NA ENCRUCILLADA – ELECCIÓN DE REITOR NA USC

    Parabéns aos dous candidatos á reitoría da USC polos seus resultados nas eleccións. A responsabilidade de gobernar recaerá en Juan Viaño por unha axustada marxe de votos, unha responsabilidade que non lle vai deixar moito tempo para celebracións pois ten por diante moito por facer.

MULLER

    María José Suárez López. Aida López Ramos. María Luisa Jiménez Jiménez. Mª Elena Rodríguez Quiroga. María Belén Expósito Vázquez. Cinco galegas mortas en apenas catro meses. Dúas delas en menos dunha semana. A última asasinada na madrugada deste mércores, no Polígono de Pocomaco, na Coruña.

LABORAL

    Se ata agora, as mutuas, formadas por asociacións de empresarios, se fan cargo do salario das persoas traballadoras e asumen competencias na expedición de baixas e altas médicas no caso de accidentes ou enfermidades producidas no traballo, de levarse a efecto a reforma impulsada polo Goberno, estas empresas, que se denominarán “mutuas da Seguridade Social”, xestionarán tamén as enfermidades comúns das traballadoras e traballadores.

MARCHAS DA DIGNIDADE

    O pasado sábado 26 de abril tivo lugar en Teo unha xuntanza da Columna Galega das Marchas pola Dignidade.Á reunión, que contou cunha grande afluencia, asistiron as principais organizacións das Marchas pola Dignidade, sindicatos, movementos sociais e veciñais, así como persoas a título individual.

LABORAL

    Seguindo co acordado na I Asemblea Nacional das Marchas pola Dignidade, o 30 de abril, realizáronse concentracións nas oficinas do Servizo Público de Emprego de A Coruña, Compostela e Vigo na que se deu lectura ao seguinte manifesto.

LOITA SOCIAL

    A comisión e peticións da UE ven de admitir a trámite a denuncia que o colectivo social que se opón ao trazado sur do tren ao porto exterior presentou a través da eurodiputada Ana Miranda.

OS RECORTES MATAN

    Oito científicos alertan na prestixiosa revista 'The Lancet' de que os recortes provocaron unha erosión na cobertura sanitaria universal e van en contra das recomendacións da ONU. Sinalan que os copagamentos son pequenos gastos directos que supoñen unha barreira para un tratamento eficaz.

INTERNACIONAL

    Miles de persoas protestaron en Grecia contra as políticas neoliberais impostas polo Goberno e a Troika, no marco das manifestacións polo Día do Traballador celebradas nas principais cidades do país.

• OPINIÓN . Ignacio Escolar

    Doce anos perdidos. Hai que viaxar doce anos cara a atrás no tempo para encontrar un momento na historia de España no que houbese menos de 17 millóns de persoas traballando.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O documento lido polos reitores das universidades do estado o día 30, que contou co apoio da representación do PAS no Consello de Goberno, tivo a resposta do ministerio ese mesmo día. Segundo se publica no xornal El País do día 30 o ministerio replica que recorran a fondos propios.
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 30 tivo lugar unha nova convocatoria da #UDCnarúa. Esta nova mobilización foi, unha vez máis, un éxito, tanto no número de actos, na ampla temática desenvolvida así como na participación.
 1º DE MAIO
    Neste primeiro de maio máis dun milleiro de persoas enchemos de dignidade as rúas da Coruña detrás da pancarta do sindicalismo alternativo aos sindicatos do sistema. Baixo o lema “POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA” e convocados pola CUT, CGT, STEG, SF e SE saímos da Praza de Pontevedra até a Praza do Humor.
 LABORAL
    O martes pasado fíxose pública a Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre de 2014. O paro bate un novo record colocando a Galiza na segunda autonomía onde máis medrou o desemprego.
 QUEREMOS GALEGO
    Convocámosvos a unha asemblea aberta do plenario comarcal da plataforma cidadá Queremos Galego na Coruña que terá lugar o vindeiro mércores 7 de maio ás 19.30 horas na biblioteca da Asociación veciñal das Atochas-Montealto, no Campo de Marte.
 SANIDADE PÚBLICA
    A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar, unha vez máis, o incremento das listas de espera en Galicia, consecuencia da política de recortes no gasto, actividade e persoal sanitario, que veñen desenvolvendo a Consellería de Sanidade coa escusa de facer fronte á crise e garantir o pago do rescate dos bancos e do endebedamento cos mercados de capitais
 MÁIS DÉBEDA PRIVADA QUE TRANSFORMARÁN EN PÚBLICA
    As entidades bancarias do estado que suspendan os test de estrés poderán ser rescatadas de novo con diñeiro público, segundo confirmaron o martes fontes do Banco de España.
 LABORAL
    Ana tiña todo preparado para incorporarse este 1º de maio, ao seu posto de traballo, do que fora apartada polo Sacyl durante sete meses. Non obstante, un Burofáx, asinado polo director xerente de Atención Especializada Valladolid-Oeste, Alfonso J. Monteiro Moreno, comunicoulle que non o fixese xa que "dende o día 01/05/2014 pasará á situación de excedencia voluntaria".
 LINGUA - PROLINGUA
    As Mil primaveras máis para a lingua galega, que Cunqueiro desexou e para as que fixo brotar unha obra excepcional, motívannos a botar a andar unha nova campaña na que ti es fundamental.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      O 33% DOS CIDADÁNS AFIRMA SENTIRSE INSEGURO NAS RÚAS POLA NOITE

       
        SORAYA SÁENZ: «NA MIÑA PUTA VIDA COBREI UN SOBRE»

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript