Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

O malgasto
Nesta universidade o malgasto non é algo que se poida corrixir sen quebrar o sistema de poder, por iso ningún dos reitores nin estivo, nin está, nin estará disposto a acabar con el. Simplemente preguntádevos, en que mans se está levar adiante ese malgasto, a respostas está na boca de todos vós, no PDI, que é o reitor, un PDI, que non fará nunca o reitor/PDI, limitar os privilexios dos da súa casta. Pasarán reitores, pasarán xerentes, pasará o tempo e todo seguirá igual mentres non se faga o que hai que facer: denunciar publicamente o despilfarro. Neste terreo o PAS non pode ser cómplice, ten que pasar á denuncia porque o máis afectado por esta corruptela vai ser sempre o PAS. Ánimo.

 

O reitor
O reitor tomou partido, era evidente que iso ía pasar, nas eleccións, como fan os políticos, aproxímanse pero, máis tarde e xustificándose na obriga da realización dunha boa xestión, acaban, tamén como fan os políticos, tomando partido polos que se senten os donos do cotarro, na universidade eses forman parte do estamento docente, para eles non hai límites, pensións ilegais, o último en material informático (sen que se saiba nada do que xa tiñan), páganse os sexenios sen que exista orzamento para iso…, mentres ao PAS recórtaselle en todo.

A moverse
Cando os de abaixo se moven, cando o pobo se move, os de arriba cambaléanse!
Movámonos entón dunha pu.... vez. E mandemos a toda esta caterva de parasitos e acomodados onde nos están a mandar eles.

É hora
É a hora de derrogar todas as leis laborais regresivas tanto do goberno de Rajoy coma do goberno de Zapatero.
É a hora de abandonar a OTAN e as súas guerras xenocidas polo petróleo.
É a hora de nacionalizar as antigas Caixas de Aforros e os bancos que foron rescatados con caudais públicos.
É a hora dunha repartición xusto e equitativo do traballo.
É a hora de nacionalizar as grandes multinacionais dos sectores da enerxía e as telecomunicacións.
É a hora de dar impulso a un proceso constituínte que supere o Réxime do 78 con todas as herdanzas do pasado que nos foron impostas.
Pero sobre todo é a hora de determinar o que queremos, se rematar co Réxime que temos ou continuar con mais do mesmo.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript