Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Éxito da nova convocatoria de UDCnarúa

O pasado día 30 tivo lugar unha nova convocatoria da #UDCnarúa. Esta nova mobilización foi, unha vez máis, un éxito, tanto no número de actos, na ampla temática desenvolvida así como na participación.

 

  • Noticias relacionadas

 

A pesar de que o manifesto recollía reivindicacións que abarcaban a todos os colectivos que conformamos a Comunidade Universitaria fomos escasos os PAS que nos acercamos e participamos nesta acción reivindicativa.
 
A convocatoria pretendía, e conseguiu, promover unhas aulas cunha temática que fomentou o debate e a discusión entre os/as asistentes, mostrando que a universidade crítica é un dos eixos fundamentais tanto da aprendizaxe como do seu desenvolvemento.
 

 
Pensamos que o PAS debe formar parte activa de todas e cantas accións reivindicativas se desenvolvan na Universidade, editar panfletos significando a necesidade dunha universidade pública e de calidade se non se sustenta ao mesmo tempo na acción reivindicativa vale de pouco.
 
Animamos a todas as traballadoras e traballadores a que en seguintes convocatorias participemos activamente, ben formando parte como poñentes ou mesmo coa simple presenza nalgunha das temáticas que sexan de interese.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript