Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 30

O pasado día 30/04/2014 realizouse unha nova sesión do Consello de Goberno, nel interviñemos as e os representantes do PAS para sinalar diante do equipo reitoral as cousas que preocupan ao colectivo. Malgasto (sentenza que obriga contratar ás dúas traballadoras do SAEE ilegalmente despedidas proxecto de investigación PEIXE VERDE) , acción social, recuperación da parte devengada da paga extra de 2012, cambios de quenda…, tamén informamos ao sr. reitor e a todas as persoas que compoñen o Consello de Goberno da concentración do día 6 e sinalamos os motivos que nos levan a realizar esta acción reivindicativa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Reunión do Consello de Goberno 30/04/2014
 
Reitor:
 
Informa de que ás 12 horas procederá á lectura diante dos medios de comunicación do comunicado acordado por todos os reitores das universidades que conforma a CRUE. Solicita a presencia de todos os componentes do Consello de Goberno para avalar a lectura. Informa de que o comunicado é, en síntese, reflexo do que no seu día se acordara por unanimidade no Claustro da UDC. En síntese indica que se reclama a retirada de todas as medidas derivadas dos recortes implantados nas universidades, xa que o propio goberno sinala que pasou a crítica situación que obrigaba a tomar ditas medidas.
 
Intervención do xerente:
 
Indica que a principios de mes realizouse unha reunión coa Dirección Xeral de Orzamentos na que, despois da sentenza que obriga á devolución da parte devengada da extra de 2012 e as sentenzas que de extensión de efectos a dous funcionarios máis,  requiríuselle que habilitase o orzamento necesario para a devoulución da contía correspondente a todos os traballadores/as da Universidade. A Xunta aínda non respondeu.
 
Notifica a existencia da sentenza que obriga á Universidade a readmitir a dúas traballadoras do SAEE de Ferrol que foran despedidas.

Comunica a realización de eleccións para a ampliación da Xunta de Persoal.
 
Aprobáronse todos os puntos da orde do día.
 
Unha cousa importante, os puntos 13 e 14 fundaméntase a adopción e aprobación da normativa na procura de procedementos alternativos para poder facer contratacións tanto de PDI interino e laboral de PDI contratado doutor salvando a taxa de reposición. Indícase, para xustificalo, que a Universidade da Coruña non é a primeira en adoptalas e son, ao seu entender legais.
 
Quenda aberta de intervencións:
 
Nuria Vieira:
 
Mesa de Acción Social. Ten pensado a Universidade dedicar o 1,5% da masa salarial para a acción social?, en todo caso, canto se vai destinar a este fin?.
 
Parte devengada da extra de 2012, se non se realiza xa a extensión dos efectos da sentenza a todos/as os/as traballadoras/es levará a que a Universidade por cada sentenza sexa penalizada con 150€ en concepto de costas, ten coñecemento de que xa hai máis sentenzas condenatorias para a Universidade se non se fai o pago da extra a  Universidade terá que facer fronte a un gasto que pode ser moi elevado, máis tendo en conta que, polo que ela coñece, a Xunta négase a pagar estes 150€.
 
Reitera a queixa xa realizada no anterior Consello de Goberno polos movementos de PAS, non só de cambios de quenda, tamén de cambios de centro. Quéixase, tamén, de que todos estes cambios se fagan sen, nin sequera, comunicarllo á representación dos/das traballadores/as.
 
Xosé Portela.
 
Entende que xa pasou o tempo de comunicados, anuncia que o PAS estará presente na lectura pero reclama ao reitor un paso adiante e tomar medidas máis contundentes contra os recortes que sofre a Universidade.
 
Comunica que o PAS acordou mobilizarse o día 6 para, entre outras cousas:

·         Protestar contra o anunciado recorte da acción social

·         Reclamar que se devolva a parte devengada da paga extra tal e como determinan as sentenzas.

·         Protestar contra a mobilidade indiscriminada que sofre o colectivo.

 

Sobre a sentenza á que se referiu o xerente sinala que ás traballadoras ademais da readmisión e da indemnización correspondente hai que abonarlles uns 160.000€ en concepto de salarios atrasados. Que na mesma situación que estas traballadoras sabemos que hai máis de 40 que os contratos gratis dos que se aproveitou a Universidade conculcando dereitos laborais teñen estas consecuencias e poden, no caso de xeneralizarse as demandas, significar un grave golpe ás arcas da institución.
 
Indica que si desastrosa e interesada foi a política de persoal a xestión dos proxectos de investigación foi igualmente desastrosa, como exemplo o ocorrido co proxecto de investigación PEIXE VERDE no que a Universidade malgastou 378.443,22€. Entende que, na mesma circunstancia na que está este proxecto, pode haber outros e pregunta ao equipo cantos poden ser os proxectos afectados.
 
Sinala que nos puntos 13 e 14 aprobáronse normativas para salvar a exigua taxa de reposición imposta dende o goberno, lembra que é do 10% no caso do PDI pero no caso do PAS é do 0%. Indica, tamén, que no PAS hai prazas afectadas por recursos interpostos dende o ministerio por superar a taxa de reposición. Qué medidas pensa adoptar a Xerencia e o equipo de goberno para atallar esta circunstancia?
 
Xerente, resposta a Nuria:
 
Está prevista para os próximos días unha nova reunión da  Mesa de Acción Social na que se informará sobre a posición da Universidade.
 
Sobre a devolución da parte devengada da paga extra de 2012 non hai tomada ningunha decisión estando a espera do que decida a Xunta de Galicia ao respecto.
 
Sobre os cambios de quenda non acordaron ningunha posición.
 
Intenta intervir, de novo, Nuria para indicar que non se lle respondeu á súas interpelación sendo cortada polo reitor.
 
Reitor, resposta a Xosé Portela
 
É transcendental  que todos os reitores das universidades públicas e privadas se poñan de acordo para elaborar e ler un manifesto que recolle todas as consideracións contidas no comunicado aprobado no seu día polo Claustro da Universidade.
 
Intervén o vicerreitor de investigación que están en revisión a práctica totalidade de proxectos
 
O reitor dálle a palabra ao xerente para seguir coa resposta
 
É certo, como indicou con anterioridade, que houbo que readmitir ás dúas traballadoras, as políticas de persoal executadas con anterioridade nas que se aproveitaron as opcións que a Xunta proporcionaba. Non lle consta que poida haber 40 persoas que poidan estar nesta mesma circunstancia.
 
Insiste en que a xestión dos proxectos é a habitual
 
No caso das prazas recorridas polo Ministerio debido á taxa de reposición, estase á espera do ditame xudicial.
 
Intervén o investigador principal do proxecto PEIXE VERDE para sinalar que o que o proxecto xa é vello que a devolución de diñeiro é só en parte, comentou, tamén o proceso de adxudicación.
 
O reitor sinala que a posición do Ministerio ao respecto do control dos proxectos de investigación é excesiva, indica que, desde a CRUE, xa se realizou unha protesta polo exceso de celo na revisión e control da xestión de proxectos xa pechados, pois chégase a situacións ridículas que, por dous euros, ponse en xaque aos servizos administrativos que abondo traballo teñen.
 
O reitor volve a dar a palabra ao investigador principal que recalca que a xestión realizada foi absolutamente legal.
 
Intervén, de novo, Xosé Portela que sinala que o que está en xogo non son os dous euros que di o reitor que o xulgado ten embargadas as contas da UDC en 183.863,22€ e 55.000€ en concepto de costas, chama á responsabilidade da Universidade e dos investigadores porque isto non pode suceder.
 
Péchase a sesión de xeito apresurado pola lectura do manifesto

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript