Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  QUEREMOS GALEGO
 

A Coruña. Convocatoria de asemblea aberta

Convocámosvos a unha asemblea aberta do plenario comarcal da plataforma cidadá Queremos Galego na Coruña que terá lugar o vindeiro mércores 7 de maio ás 19.30 horas na biblioteca da Asociación veciñal das Atochas-Montealto, no Campo de Marte.

 

  • Noticias relacionadas

 

A convocatoria ten como obxectivo concretar na nosa comarca o desenvolvemento da mobilización expansiva prevista no país para o vindeiro 17 de maio, toda vez que o plenario nacional de Queremos Galego tomou o acordo de convocar mobilizacións simultáneas nas sete principais cidades galegas e na Mariña para as 12 da mañá do Día das Letras.
 
Xa que o único condicionante é o lema da mobilización ("Un paso adiante e outro adiante, Galiza"), o manifesto común que se lerá simultaneamente e a hora das mobilizacións mais o formato queda absolutamente aberto, animámosvos a traer pensadas ou a ir achegando todas as propostas que vos parezan materializábeis.
 
Agardamos, como sempre, a vosa activa participación e agradecemos a vosa atención.
 
Unha forte aperta,
 
--
Plataforma Cidadá Queremos Galego!
Comarca da Coruña
acorunha@queremosgalego.org
queremosgalego.org
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript