Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O manifesto lido polos reitores xa ten resposta do ministerio

O documento lido polos reitores das universidades do estado o día 30, que contou co apoio da representación do PAS no Consello de Goberno, tivo a resposta do ministerio ese mesmo día. Segundo se publica no xornal El País do día 30 o ministerio replica que recorran a fondos propios.

 

  • Noticias relacionadas

 

En concreto o xornal sinala textualmente que diante do manifesto lido polos reitores “o ministerio non ten intención de asumir ningún deses cambios, segundo indicaron onte (día 30) fontes de Educación. En primeiro lugar, defenden o “éxito” do modelo de bolsas. Ademais reiteran ás universidades que solucionen os problemas de financiamento atraendo recursos por si mesmas.”
 
A resposta do ministerio, aínda non sendo a oficial, reforza o noso convencemento de que o tempo dos manifestos xa pasou. Esta situación só pode reverterse dende a mobilización na que os reitores deben poñerse en primeira liña facendo un peche institucional propiciando unha mobilización xeral das universidades na que teñen que estar na pancarta de cabeceira.

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript