Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  • OPINIÓN . Ignacio Escolar
 

Cando a realidade atropela á propaganda

Doce anos perdidos. Hai que viaxar doce anos cara a atrás no tempo para encontrar un momento na historia de España no que houbese menos de 17 millóns de persoas traballando.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non pasaba dende o ano 2002 e volveu pasar nun martes negro no que os datos da EPA arrastraron a propaganda gobernamental. Xa é oficial: o rebote do gato morto non é o inicio da recuperación. E por moito que o presidente e o seu coro repitan que é de día a noite segue aquí.
 
A crise non rematou, por moito que o PIB creza unhas dubidosas décimas baixo a sombra da manipulación estatística, por moito que Rajoy "estea moi contento", por moito que Montoro fale de "datos esperanzadores", por moito que o PP insista en que imos pola boa dirección ". Nos últimos tres meses, destruíronse 184.600 postos de traballo -80.000 en termos interanuais- nun país onde xa non parecía ter que perder moito máis emprego. O paro baixa en 2.000 persoas, pero só porque a poboación activa se reduce en 187.000: porque moitos emigran e os que se quedan nin se molestan en buscar ese emprego que non hai. Retárdase a destrución de postos de traballo? Só faltaría, despois de cinco anos de afundimento. Pero a prometida "creación de emprego neto a principios de ano" da que falou o Goberno non parece que vaia chegar.
 
Cada ondada da EPA deixa sobre a praia unha catástrofe aínda maior. Máis de tres millóns e medio de parados son de longa duración. Case dous millóns familias non contan cun só emprego entre todos os seus membros. Dende que Mariano Rajoy goberna, coa súa exitosa reforma laboral, destruíronse 1,2 millóns de empregos. E se unha parte da poboación activa non emigrase, hoxe habería seis millóns e medio de parados. Rajoy rematará a lexislatura cunha situación aínda máis desastrosa da que se encontrou e fará falta unha década para que o emprego en España regrese aos números de 2007.
 
O Goberno confía en que os datos do paro do mes de abril, que se coñecerán a próxima semana, sexan algo mellores. É probable que sexa así, grazas á Semana Santa, pero nin de lonxe abondará para que ese mínima mellora se note na sociedade. Como de costume, o Goberno disfrazará o pequeno brote verde de gran bosque tropical e cantará aos catro ventos -coa axuda dunha prensa cada día máis dócil- as bondades dunha "recuperación" onde a distancia entre a realidade e a propaganda cada día é maior.
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript