Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

EPA. En Galiza o paro non ten freo

O martes pasado fíxose pública a Enquisa de Poboación Activa do primeiro trimestre de 2014. O paro bate un novo record colocando a Galiza na segunda autonomía onde máis medrou o desemprego.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo reflicte a EPA, Galicia ten 296.900 desempregadas/os, 16.100 parados máis que hai tres meses e 9.100 máis que hai un ano, situándose a taxa de paro no 23,2%. A EPA reflicte, tamén, que son 5.600 máis que hai tres meses os fogares con todos os seus membros en desemprego chegando xa a un total de 101.500.
 
O paro xuvenil é igualmente desolador chegando ao 40,2% ao incrementarse en 2,2 puntos durante o primeiro trimestre,o que supón un aumento interanual de 1,4 puntos. Dos 351.800 mozos de entre 16 e 29 anos, só 117.000 (o 33,3%) están ocupados.
 
O triunfalismo de Feijoo queda polo chan ao ser desmentido pola crúa realidade. O desemprego, a precariedade e a pobreza medran en Galiza a un ritmo imparable
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript