Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS DÉBEDA PRIVADA QUE TRANSFORMARÁN EN PÚBLICA
 

Os bancos que suspendan os test de estrés recibirán novas "axudas" públicas

As entidades bancarias do estado que suspendan os test de estrés poderán ser rescatadas de novo con diñeiro público, segundo confirmaron o martes fontes do Banco de España.

 

  • Noticias relacionadas

 

A EBA (Autoridade bancaria Europea) fixo públicos os escenarios para o exercicio ao que someterá a toda a banca europea, antes de que o BCE asuma a supervisión de todas as entidades de máis de 30.000 millóns en activos da zona euro.
 
E que lles pasa aos que suspendan? A EBA publicou uns prazos e condicións moi laxos para recapitalizarse. Se o suspenso chega no escenario base -cousa moi pouco probable-, as entidades terán seis meses para cubrir o déficit detectado e deberán facelo con capital da máxima calidade. E se se produce, como é normal, no escenario adverso, o prazo amplíase ata nove meses e tamén as formas de arranxalo. Así, considérase a posibilidade de venda de activos e a emisión de CoCos (bonos convertibles continxentes, as 'novas preferentes'). De feito, teranse en conta os CoCos xa emitidos por entidades españolas como Popular, BBVA e Santander.
 
Só no caso de que non fosen capaces de emitir capital ou CoCos en mercado, nin tampouco de cubrir o déficit con venda de activos, as entidades que suspendan poderán ser rescatadas con diñeiro público. Nese caso, seguirase o mesmo esquema que nos test de Oliver Wyman de 2012: será o FROB o encargado de achegar os fondos e estas axudas terán que ser aprobadas por Bruxelas, que a cambio impoñerá unha dura reestruturación dos bancos suspendidos. Este sistema será substituído polo novo mecanismo único de resolución e o seu fondo conxunto de 55.000 millóns unha vez que o BCE sexa o supervisor único (mecanismo co que tamén se poderá utilizar diñeiro público en último extremo), é dicir, precisamente despois dos test de estrés
 
Artigo completo
 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript