Maio de 2014
 
 

NÚMERO 230 - 05/05/2014

   CUTUDC / Novidades

  1º DE MAIO
 

1º de maio de loita pola dignidade

Neste primeiro de maio máis dun milleiro de persoas enchemos de dignidade as rúas da Coruña detrás da pancarta do sindicalismo alternativo aos sindicatos do sistema. Baixo o lema “POLO REPARTO DA RIQUEZA E O TRABALLO, DIGNIDADE E LOITA” e convocados pola CUT, CGT, STEG, SF e SE saímos da Praza de Pontevedra até a Praza do Humor.

 

  • Noticias relacionadas

 

Berramos lemas como “Non hai, non hai, non hai outra maneira, ou coa patronal ou coa clase obreira!”, “Nin xente sen casa nin casa sen xente!”, “Obreiro despedido, patrón colgado!”, “Queremos traballar, non emigrar!”. Ao final do percorrido leuse un manifesto unitario:
 
Asistimos e sufrimos, xa non con tanto silencio, tempos convulsos para a clase traballadora: o mundo financeiro goberna coa súa fulminante man de ferro manchada de sangue obreiro e nós estamos a pagar ben caro a Restauración Borbónica, o pacto social e a traizón sindical.
 

 
Cando os bancos moven números, a xente perde as súas casas, as súas aulas, as súas menciñas,o sustento, a saúde... o seu traballo. Cando a igrexa predica, agocha pedófilos, secuestra úteros e ventres, e practica unha caza de bruxas sen piedade suliñando o chamado “pánico moral”.Cando o estado lexisla, o policía tira da súa forza máis brutal sancionando e reprimindo aos máis débiles, os cárceres atéiganse cada día máis e os nosos dereitos, conquistados a base de suor e morte, son liquidados a golpe de decreto e concertación.
 
Mais, aínda que semellen discursos diferentes, todos falan a mesma linguaxe: neoliberalismo no económico e fascismo no político. Son os intereses dun puñado de burgueses os que crean a miseria das sen pan; os xogos duns poucos oligarcas son os que instauran a fame do
 
E a clase obreira debe resistir. A clase traballadora temos que sumar para defendernos. Somos máis, somos maioría. A nosa obriga é loitar e combater, ser xenerosos entre nós, e vencer o medo, mantendo unha movilización permanente e sostida no tempo.
 

 
Onte, coma hoxe, as traballadoras e traballadores de todo o mundo, e da Galiza en particular, voltamos saír á rúa neste Primeiro de Maio sumando forzas, nunha unión do sindicalismo alternativo, de clase e combativo, amosando que as clases populares non nos resignamos á farsa das corporacións sindicais que deron vida ós Pactos da Moncloa. A unidade obreira e popular é imprescindible para facerlle fronte a conxuntura que sofrimos. Chegamos a un punto en que só temos dúas saídas; ou a conquista da xustiza social ou barbarie.
 
O Primero de Maio non é unha festa. Non é unha efemérides calquera para lavar a cara e xustificar a traizón e a ineficacia sindical. Este Primeiro de Maio é o berro de dor e dignidade das explotadas e explotados; é un acto de Memoria Histórica das traballadoras e traballadores conconciencia de clase.
 
Polo reparto do traballo e da riqueza:
. Redución da xornada laboral, sen redución de salario.
. A igual traballo igual salario.
. Prohibición das horas extras, destaxos e pluriemprego.
. Adianto da idade de xubilación.
. Participación dos traballadores dentro da empresa: dereito á negociación dos traballadores en asembleas e seccións sindicais.
. Eliminación da polivalencia e mobilidades funcional e xeográfica.
. Prohibición das ETTs
. Potenciación das economías locais e creación de redes de economía social alternativa e autoxestionada para a planificación social deste desenvolvemento territorial.
. Eliminación da actual lexislación laboral herdada das distintas Reformas laborais.
 

  



VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!
(MANIFESTO UNITARIO DO SINDICALISMO ALTERNATIVO E DE CLASE) 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript