Número 23 - marzo 2010
 
 
  Xunta

    A dereita fixo do acceso ao emprego público un medio para consolidar laboralmente aos máis próximos. O feito escandaloso na anterior etapa do PP na Xunta e denunciado, tamén, en reiteradas ocasións en Ourense onde Baltar fai de “padriño”, volve, de novo con forza, para reflectir o comportamento da dereita que entende a administración pública como parte do seu patrimonio.

    Cando o PP se presentou ás eleccións autonómicas fíxoo pontificando sobre o despilfarro do bipartito, puxo como un dos seus expoñentes o audi de Touriño, comprometeuse, daquela, en reducir o parque móbil da xunta…

    UNIVERSIDADE

    Mentres que as outras dúas universidades públicas galegas xa teñen encamiñado e avanzado o que será o seu campus de excelencia o da Universidade da Coruña non aparece por ningures, o que sí se expón, de xeito reiterado, na prensa a dificultade que para a súa creación representa a falta da residencia universitaria.

    UNIVERSIDADE

    O goberno local de Arteixo decidiu dilatar a firma do convenio para a cesión do centro tecnolóxico á Universidade ata que consiga os apoios necesarios. Así, o bipartito optou por non levar o acordo ao pleno ante a negativa do PP e do BNG.

    GALEGO

    Os sindicatos CIG-Ensino, CC OO-Ensino, FETE-UGT e STEG, salvo ANPE, abandonaron a Mesa Sectorial de Educación antes de finalizar e ante a posición 'inamovíbel' e a 'falta de vontade negociadora' da consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, respecto ao contido do proxecto de decreto do plurilingüismo.

  

    Últimas convocatorias de prazas nas Universidades de Santiago e de Vigo.

  

    A prensa anuncia que o Estado Español supera os 4 millóns de parados. É que son moita xente 4 millóns de persoas sen ingresos regulares deses que os economistas finos chaman "rendas do traballo"...

   LECCIÓN DE POLÍTICA ECONÓMICA
    
  •   
 
    LABORAL

    O paro vai camiño de chegar ao 20%, increméntanse os Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) de xeito exponencial, acudir a este xeito de rescisión de emprego é o que,  para o empresario, resulta máis beneficioso posto que as indemnizacións son ridículas, pero aínda lles parece que se teñen que diminuir máis.

     

 

    Dende que entrase en funcionamento en 2007, a regasificadora botou 115 millóns de metros cúbicos de augas sobrantes.

  

    A intención da compañía é convocar a Oferta Pública de Emprego no mes de abril, mais aínda está pendente de resolver unha denuncia que pide a súa nulidade.


    

    A Asemblea de parados/as da Coruña comeza unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar do concello a súa actuación en dinámicas que propicien que a situación de paro sexa máis "levadeira" para os cidadáns que a padecen.

 

    

Vindeiras actuacións do Comité

 

 

Día 07/04/2010  reunión coa Xerencia.

A RPT deberá estar rematada no primeiro trimestre de 2010.

CONVOCATORIAS, recentemente informamos de:

Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática

Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo

Correción de erros na convocatoria de Conserxes

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
  

    O presidente da Xunta insinúase a unha nova actriz durante unha cea con mozos simpatizantes do PP galego


    
  •   
Números anteriores
 
De interese
CALENDARIO LABORAL 2010
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript